HORARIO DE VERÁN DE 2026
Horario oficial:
Do 16 de xuño ata o 15 de setembro deberán realizarse 6 horas diarias continuadas de traballo entre as 8.00 e as 15.00 horas. O cálculo do cumprimento da xornada laboral será en cómputo diario.
Horario de flexibilidade automática:
Do 16 de xuño ata o 15 de setembro deberán realizarse 6 horas diarias continuadas de traballo entre as 8.00 e as 15.00 horas. O cálculo do cumprimento da xornada laboral será en cómputo diario.
Ata o 30 de xuño será posible compensar débeda do mes de maio e ata o 31 de xullo, débeda da primeira quincena do mes de xuño. O tramo horario de compensación será de 8.00 a 15.00 horas.
Horario de flexibilidade por conciliación:
Do 16 de xuño ao 15 de setembro deberán realizarse 6 horas de traballo diarias na franxa horaria autorizada pola Secretaría Xeral Técnica na resolución de concesión de flexibilidade por conciliación. O cálculo do cumprimento da xornada laboral será en cómputo mensual.
Ata o 30 de xuño será posible compensar débeda do mes de maio e ata o 31 de xullo, débeda da primeira quincena do mes de xuño.
Horario con redución de xornada de traballo diaria:
Do 16 de xuño ao 15 de setembro deberá realizarse diariamente dentro da franxa horaria autorizada polo órgano de persoal correspondente para a concesión desa redución de xornada o tempo de traballo que se determine mediante a seguinte fórmula:
0.80 x XR*
*XR = nº de minutos traballados diariamente en xornada reducida
Queda excluído o persoal suxeito a horarios especiais e persoal a quendas, segundo dispón a Instrución do 20 de xuño de 2013.
Así mesmo, e por motivos de conciliación da vida familiar e laboral, os empregados e empregadas públicos que teñan ao seu cargo persoas que teñan recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%, sempre que convivan coa persoa solicitante e dependan desta, poderán acollerse a esta modalidade de xornada ata o 30 de setembro.
Seguimos coma sempre e volven aprobalo sen negocialo coa representación do persoal. Seguen excluíndo o persoal que traballa a quendas. A CIG demanda que o horario de verán sexa de aplicación a todo o persoal e, se non pode ser aplicado, que se ofreza algún tipo de compensación en forma de descanso.
Ao tempo, na CIG seguimos a esixir a ampliación do horario de verán para quen teña conciliación familiar, do 1 de xuño ao 30 de setembro, a semellanza do que dispoñen as/os traballadoras/es da AXE como un dereito consolidado desde o ano 2016:
E a mesma esixencia mantemos coa famosa bolsa de horas do 5%, vinculada á conciliación, que continúa sen regularse. Na AXE xa a están a gozar hai tempo. Ao longo da negociación do Acordo de concertación que asinaron UGT e CCOO, a CIG defendeu que esta bolsa de horas do 5% non estivese ligada exclusivamente á conciliación, senón que fose de aplicación a todo o persoal, de xeito que se puidese converter nunha especie de “bolsa de horas positivas”. Pero, unha vez máis, non quixeron.
Ningún comentario:
Publicar un comentario