venres, 16 de outubro de 2015

A Xunta segue a xogar eleitoralmente cos nosos dereitos

A Xunta de Galiza ven de ratificar na xuntanza da mesa xeral de empregados/as públicos/as a campaña propagandistica que pretende facer coa trasposición do aprobado polo estado español en canto a recuperación de días de permiso e vacacións por antiguïdade. A Xunta pareceulle pouco a campaña que vén realizando coa devolución a prazos da extra do ano 2012 e agora utiliza os dias de antigüidade.

A Xunta presenta unha proposta en forma de acordo no que se limita a traspoñer o que está xa en vigor para o persoal da administración xeral do estado. 

Que se pretende con esta proposta de acordo? Para CIG-Área Pública o que está intentando facer é dar a imaxe pública de que a Xunta de Galiza é "boisima" co seu persoal, cando ao fin eo cabo non recolle recuperación do roubado ao  seu persoal  da  administración durante estes anos. A Xunta fai un  cambio de  última hora  pasando de falar de unha proposta de modificación lexislativa da Lei de Empregro Público a presentar un acordo para asinar por parte das organizacións sindicais, este cambio representa unha forma de chantaxear, chantaxe ao que non nos prestaremos nunca. A Xunta en vez de actuar con dilixencia, estivo remoloneando e agora quere que asinemos un acordo onde nin siquera devolven o que nos roubara. Se eles recortaron sen necesitar o concurso de ninguén, non necesitan tampouco o concurso de ninguén para restaurar unha mínima parte.

CIG-Área Pública non entrou a votar  ese acordo polo que non o  asinará  xa que non contempla ningunha das nosas aportacións realizadas e non recupera dereitos perdidos polo persoal  da Xunta de Galiza.

Estamos fartos e fartas de que agora que vai a haber eleccións se nos venda graciosamente día si e día tamén a concesión graciosa de novos dias de libre disposición e vacacións, á Xunta non lle chega a campaña que con este xa ten feito o Sr.Montoro, senón que quere tamén ter a súa propia propaganda. O único que demostran con esto é o populismo e demagoxia e a lixeireza con que pretenden manipular á opinión pública. Cando estaba de moda  darlles caña aos/as  empregados públicos estableceron unha verdadeira competición a ver que goberno recortaba máis, todos os días estaban na prensa para ver quen era o campeón dos recortes, tanto de permisos, como de retribucións, como dereitos laboráis ou sindicais. Agora como vai haber eleccións ¿Qué fan?,  pois todo contrario, o Sr. Montoro, vendéndonos graciosamente días si e día tamén, a concesión graciosa de novos días de libre disposición e de vacacións eo Sr.Feijoo apúntase ao carro.

CIG-Área Pública ten trasladado á Xunta de Galiza as propostas oportunas para que por parte da Xunta de Galiza se recuperasen todos os dias de antigüedade que tiñamos recoñecidos e non foron tidas en conta. E máis tendo un prazo establecido para remitir alegacións ao texto presentado remitennos convocatoria de mesa xeral co mesmo texto, esto xa demostra as imposicións que vén facendo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario