O día 30 de setembro remataba o
prazo para presentar alegacións. As 4 organizacións presentes na Mesa
Xeral fixeron unha rolda de prensa de que aquí non se vai seguir facendo
o paripé e que se queren sacar o texto tal e como está (co plus dos
altos cargos, persoal directivo, carreira administrativa dependente de
informes subxectivos, concursos específicos, etc.) vai a ir ao
Parlamento sen o apoio de ninguha central sindical.
A
Función Pública respondeu convocando para o 6 de outubro, unha Mesa
Xeral na que levou o mesmo texto remitido o 19 de setembro, sen cambiar
unha coma. De reunirse si que se lle ve intencións (que hai que
aparentar bo rollito, que veñen as eleccións), agora ben, de chegar a
acordos, non lle vemos moito ánimo... para que, se teñen a maioría??
O conto rematou o día 14 de outubro cun levantamento da CIG da Mesa Xeral porque nos estaban tomando o pelo: lin e lian pero non discutían, nin negociaban nada.
Finalmente o día 16 de outubro, levárono a unha Comisión de Persoal para ser votado. Como ten maioría a Administración (que non é un órgano paritario), a pesar de ser votado en contra por todos os sindicatos, o texto saiu para adiante cunha patada para o Parlamento galego.
Finalmente o día 16 de outubro, levárono a unha Comisión de Persoal para ser votado. Como ten maioría a Administración (que non é un órgano paritario), a pesar de ser votado en contra por todos os sindicatos, o texto saiu para adiante cunha patada para o Parlamento galego.
A CIG podía votar en contra por moitos motivos, pero sobre todo por pretender
deseñar unha Administración ao servizo, non da xente, senón do partido político
no poder e da súa corrupción.
Atención á nota
da Voz sobre este tema:
E por que non lle
chaman " a lei do plus dos altos cargos", "a lei do persoal
directivo" ou "a
lei que non pon coto aos asesores políticos"??
Insisitimos que o da avaliación do rendemento é unha
cortina de fume para distraer a atención do que pretenden con esta reforma: blindar
as Administracións galegas para a casta (recuperar o plus de altos cargos,
traer directivos da empresa privada, discrecionalización dos dereitos das
empregadas e empregados públicos...), e se non es compracente coa casta, pois
sempre lles queda a "avaliación do rendemento" para defenestrar a túa
carreira administrativa.
Queren súbditos, non traballadoras e traballadores públicos.
Queren súbditos, non traballadoras e traballadores públicos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario