Veñen
sendo moitas as ocasións nas que se comenta que na Xunta non somos
"traballadoras e traballadores públicas de segunda" aínda que o pareza. E
o pode parecer por moitas cousas: os concursos de traslados aquí son
cada lustro, a promoción interna ni se sabe, a cada volta cambian as
convocatorias radicalmente, co cal non sabes ao que aterte, e por
último, nas pagas extras.
Mentres
as traballadoras e traballadores públicos da Administración Xeral do
Estado cobran as extras completas, aquí levamos desde o 2013, incluído,
cobrando 2/3 de paga extra para que ao Sr. Feijóo lle salgan as contas,
iso sí, eles sen apretarse para nada o cinto.
Para
maior desatino, unha vez que en Madrid anuncian que devolverán no 2015 o
que os xulgados recoñeceron como noso da paga extra secuestrada de 2012
(ao redor dun 25%), na Xunta son tan miserábles que o van facer en dous
cómodos prazos: un 12,5% en 2015 e un 12,5% en 2016.
Ningún comentario:
Publicar un comentario