Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 17 de outubro de 2014

Os Orzamentos da vergonza

Pola mañá Comisión de Persoal, coa nova Lei de Función Pública, e pola tarde presentación da Lei de Orzamentos, en canto ao referido a gastos de persoal. O de onte foi un día de intensidade lexislativa de rodillo, moi ao estilo de quen ten unha maioría absoluta que utiliza, precisamente, en contra da maioría.

O da presentación dos Orzamentos foi unha mera reunión de trámite para comentarnos que nos abriguemos máis que imos seguir conxelados, recortados e que a ver cando nos pagan a metade do cuarto da paga de nadal do 2012, que non se sabe… A nós non nos cadra esta austeridade extrema co que vemos todos os días na prensa ou co que di a conselleira de Facenda de que imos como motos e que, con estes orzamentos, imos ir aínda mellor.

Actualizado (03/11/2014): Os orzamentos da Xunta de Galiza para 2015 son “claramente electoralistas” para a CIG

Salarios públicos
 Levamos 5 anos cunha perda do 30% de poder adquisiBvo, a economía vai medrar un 2% pero confirman a conxelación (mesmo coas pagas extras recortadas); anuncian que devolverán un 12,5% da paga extra de Nadal 2012 ao longo do ano que vén; o outro 12,5% no 2016 e así cubrirán as miles de reclamacións xudiciais que teñen abertas por recortar ilegalmente a parte da paga extra devengada. Vergonza debería darlle que ata os seus colegas do PP de Madrid devolvan o 25% no 2015 e pagan as extras íntegras. 

Taxas de reposición (reflexo da normativa básica) 
Soben ata un 50% en determinados sectores (sanidade, educación, prevención incendios, loita contra a fraude fiscal...); chama a atención que deixan fóra os servizos sociais como prioritarios e inclúen as “prazas de asesoramento xurídico e para a xesBón dos recursos públicos"...

Que aproveiten a pasar o rodillo da súa maioría no Parlamento sobre a xente… mentres a conserven, que despois será a xente a que pase o rodillo sobre elxs.

Ningún comentario:

Publicar un comentario