Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 16 de outubro de 2014

Pleno da Xunta de Persoal dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza

O martes, 14 de outubro, tivemos Pleno da Xunta de Persoal. Contámosche os temas que se trataron e acordos aos que se chegaron:


  • Faise un relatorio das principais accións executadas desde o Pleno anterior e os atrancos atopados (falase especialmente da Campaña en Defensa da Dignidade Pública, da venta de camisetas da marea azul, da recollida de sinaturas da  flexibilidade os venres pola tarde, da última concentración na que se destaca a falta de participación da CSIF).  
  • Problemática da Inspección de Servizos Sociais: coméntanse as actualicións levadas a cabo ante o desbordamento de carga de traballo, falta de persoal e ausencia de circular escrita de organización. Está habendo asembleas das traballadoras e traballadores afectados que se reunen coas persoas responsables e reunións tamén de representantes da Xunta de Persoal coa secretaría xeral técnica. A CIG xa expuxo no seu momento que as condicións de traballo do persoal que realiza saídas de campo ou traballo inspector deben ser negociadas e homoxéneas co resto de persoal nas mesmas circunstancias. Acórdase tamén solicitar unha avaliación de riscos específica destes postos, así como mediar ante a Administración dunha traballadora que solicita unha adscrición por razóns de saúde. 
  • Campaña da Dignidade do/a Empregado/a Público: acórdase promover unha asemblea entre as persoas que mercaron a camiseta da Marea Azul para ver en que investir os gastos sobrantes, poñendo como proposta incial a realización dunha exposición de cartaces (xa elaborados) nas que diferentes traballadoras e traballadores públicos dos servizos centrais explican á cidadanía a súa importante función na sociedade.
  • Grupo de traballo das comisións de servizo: infórmase da labora levada a cabo. No primeiro houbo presentación de escritos con denuncias concretas e reunións co director de Función Pública. En todo caso solicítase unha nova regulamentación das comisións de servizo que remate coa total discrecionalidade e coa falta de motivación nas resolucións. Criticase a falta de participación do CSIF neste grupo.
  • Grupo de traballo das asistencias técnicas: coméntase a problemática no DOG de persoal alleo que está traballando "fóra de contrato"; en calquera caso enténdese que o traballo propio de empregadas e empregados públicos debe ser feito por esto. A CIG critica tamén a falta de implicación do resto de sindicatos coas reunións deste grupo de traballo. Acórdase dárlle unha nova oportunidade ao grupo e comezar a traballar nese caso particular, dado que foron escasos os datos que achegaron as traballadoras e traballadores.
  • Problemática no Centro de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero (CRI): quitado da orde do día por petición da UXT que foi que o levou. Actualizado: en novembro contactou coa Xunta de Persoal a Secretaría Técnica de Traballo paran negociar as quendas do persoal funcionario nese centro e que había problemas cun día. A CIG entende que non pode haber quendas entre postos con funcións tan diferentes como o de "subalterno/a" e "posto base A1".

  • Varios: coméntase a problemática de Medio Rural de que o persoal do CAU solicita copia do DNI por FAX para desactivar as contas de correo da Xunta cando se bloquean e as súas implicacións coa protección de datos. Acórdase dirixir escrito ao AMTEGA para que normalice esta situación e se hai que identificar á persoa que solicita a activación para eso temos unha tarxeta de empregada ou empregado público.

Ningún comentario:

Publicar un comentario