Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 10 de outubro de 2014

"Feijóo, moroso, queremos o que é noso!"

A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza e o Comité de Empresa convocaban este xoves, 9 de outubro, unha concentración no edificio administrativo de San Caetano para manifestar a súa oposición ao desmantelamento dos servizos públicos, reclamar a recuperación dos dereitos laborais e salariais suprimidos e das pagas extra e rexeitar a Lei de Emprego que se está a negociar. A mobilización coincidía coa segunda mesa xeral na que se está a debater esta lei, artigo por artigo, e da que a Área Pública da CIG xa pediu a súa retirada.


A devolución do que é noso

Mentres no Estado as traballadoras e traballadores públicos cobran as extras completas e lle van devolver o 25% da paga extra de nadal de 2012 no 2015, na Xunta seguimos a cobrar un 40% menos nas extras e en canto a devolución, vai a ser do 12,5% no 2015 e 12,5% no 2016. Isto se contradí coas mensaxes victoriosas en materia económica e de estabilidade orzamentaria que lanza Feijoo, amais de ser un agravio comparativo evidente e facernos sentir traballadoras e traballadores públicos de segunda.


En 5 anos as traballadoras e traballadores públicos galegos se lles quitou un 30% de salario, que as Administracións teñen que ir devolvendo como débeda contraída con nós que é compatible con sacar adiante as contas públicas adiante. O que non ten sentido é que nesa devolución, na Xunta sexamos os últimos. Neste punto berráronse consignas como "Feijóo, tes moita geta, a paga extra querémola completa" ou "Feijóo, moroso, queremos o que é noso".

O anteproxecto da lei de emprego público

Neste punto destacouse durante a concentración a falta de vontade de cambiar nada por parte da Xunta que presenta un anteproxecto de lei que para nada defende o emprego público, senón só os privilexios dunha caste determinada (plus de altos cargos, persoal directivo) mentres que para o persoal de a pé propón unha avaliación do rendemento que nada ten de obxectiva e imparcial e que incide directamente na carreira profesional.

Neste sentido defendéronse os servizos públicos, díxose non ás privatizacións cara empresas amigas e os niños de corrupción que supón, e berrouse contra as amortizacións de postos públicos. Fíxose fincapé nas recentes propostas de RPT do IGVS ou do AMTEGA que implican a amortización de decenas de postos, moitos dos cales están ocupados por persoal. Berrouse tamén a consigna de "menos asesores e máis traballadores" en contra da politización da Administración.


A promoción interna

Destacouse o agravio comparativo co persoal funcionario do Estado que ten convocatorias todos os anos e nunha liña similar, non como a Xunta que saca cada 5 anos (con sorte) e cambiando aos poucos o contido das convocatorias.


Rematou a concentración co clásico "Mans arriba, esto é un atraco" e o clásico minuto de ruído adicado ao Presidente da Xunta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario