Neste mes de xaneiro o persoal público tivemos dous pequenos incrementos nas nosas nóminas: o pagamento da metade do que xudicialmente nos deben da paga extra de 2012 e máis unha lixeira suba debido á baixada nas retencións do IRPF. Con estas achegas de fume a Xunta trata de tapar os recortes aínda vixentes sobre as nosas nóminas e a perda de poder adquisitivo destes 4 últimos anos.
Do primeiro xa falamos abundamentemente en notas anteriores. Nelas explicábamos detalladamente o que íamos cobrar (menos que noutras Administracións), o que está pendente e que non se trata dunha regalía, senón do pagamento dunha débeda recoñecida pola Xustiza. Porén, gusta o Goberno da Xunta en troceala e mostrala diante da cidadanía como un xesto de magnanimidade e mesmo de exemplo de recuperación económica.
Do segundo, denunciamos no seu momento, e volvemos denunciar agora, a falta de progresividade desta reforma e que son as rentas máis altas (a partir de 60.000€) as que saen máis beneficiadas. Iso por non falar, das grandes empresas que pagan menos impostos que un traballador e levan os seus beneficios cara paraísos fiscais.
A maioría do persoal público, se non houbo cambio na nosa situación persoal ou familiar, veremos unha lixeira rebaixa da % do imposto que en termos netos será duns 10-20€. Será o Presidente da Xunta, dalgúns chiringuitos, altos cargos ou persoal de Gabinete con complementos salariais inmorais* as persoas que, cobrando máis de 60.000€/ano, máis se vexan favorecidas con esta rebaixa fixal. Por suposto, os grandes prexudicados os servizos públicos que contarán con menos financiamento da xente que máis podería (e debería) contribuír a sostelos.

A continuación, falámosche desta reforma e das medidas xustas e progresivas que propoñemos.
* o complemento de persoal que calificamos como inmoral na nota do 2013 segue en vigor na Lei de Orzamentos 2015 tamén no seu artigo 19.
* o complemento de persoal que calificamos como inmoral na nota do 2013 segue en vigor na Lei de Orzamentos 2015 tamén no seu artigo 19.
Ningún comentario:
Publicar un comentario