Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 9 de febreiro de 2015

Oferta cero para emprego público nos centros de atención directa de Benestar

A CIG de Traballo e Benestar da Coruña denuncia que a Oferta de Emprego Público da Xunta de Galiza para 2015 volve deixa fóra a cobertura de prazas en residencias de maiores e centros de atención a persoas discapacitadas.

 

O anuncio do Presidente da Xunta supón un incremento e cobertura 0 para  servizos sociais e Benestar.


Os centros de atención directa de Servizos Sociais e Benestar sofren unha vez mais o desprezo da política de persoal de Nuñez Feijoo, coa anuencia de Beatriz  Mato que aplaude que na Oferta de Emprego anunciada polo Presidente da Xunta non se recolla nen a creación dunha soa praza para as Residencias de Maiores, Centros de Menores e Centros de Atencións a Persoas Discapacitadas.

A situación real é que o departamento de Beatriz Mato leva recortado 1.500 postos de traballo  dende o ano 2012, que non existe a reposición necesaria das vacantes que se producen e que o persoal dos centros de atención directa está a traballar 130.000 xornadas máis ao ano que antes dos recortes das nefastas reformas laborais. Polo que só na provincia da Coruña sería necesaria a creación de 400 prazas na Oferta de Emprego destinadas a cubrir as  necesidades básicas do sistema público de Benestar.

A situación  é insostible para o persoal das residencias de maiores e centros de menores que por expresa orde de Beatriz Mato traballa sete días continuados de traballo, libra un fin de semana de cada tres e pode chegar a traballar os catorce festivos anuais, o que supón unha sobre carga de traballo e un estrés laboral que ten como resultado que sexa este colectivo de persoal laboral o que ten o 45% de baixas por enfermedade profesional ou accidente laboral do global da Xunta de Galicia.

Para a CIG a non inclusión na Oferta de Emprego de ningunha praza para departamentos como os de enfermería, camareiros-limpadores, cociña, ordenanzas ou educadores e coidadores supón a constatación do desprezo co que Nuñez Feijoo aborda a atención das persoas usuarias destes centros, sin importarlle a perda de profesionais que poidan atender debidamente aos usuarios deste centros e manter una calidade de vida e servizos públicos dignos e eficientes.

Se o recorte en medios e material é inhumano, impor o incremento 0 nas plantillas de Benestar vai supoñer a continuidade da situación de maltrato á saúde física e psicoloxica do persoal laboral destes centros que non poden soportar a escasez de persoal e a non cobertura dos traballadores necesarios para cubrir adecuadamente as necesidades que se prantexan polas persoas maiores e menores que teñen ao seu cargo.

A CIG de Traballo e Benestar na Coruña fai un CHAMAMENTO Á REBELARSE CONTRA ESTA SITUACIÓN POR PARTE NON SÓ DO PERSOAL DE ATENCIÓN DIRECTA SENÓN TAMÉN DOS USUARIOS, FAMILIARES E CIDADANS QUE NON PODEN PERMITIR QUE SE DESMANTELE O SISTEMA PÚBLICO DE BENESTAR DE GALICIA.

Descargar CIG-Informa

A Secretaria da Sección Sindical de Traballo e Benestar
Mar Peteira

Ningún comentario:

Publicar un comentario