Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 4 de febreiro de 2015

Denuncian desatención das persoas maiores e dependentes nas residencias públicas de Traballo e Benestar

Como pode a conselleira seguir viaxando de sarao en sarao no seu coche ofical mentres ten os usurios das residencias públicas sen persoal suficiente ou con só 3 cueiros ao día!?

Facemonos eco da nota feita por un membro do Comité de Traballo da Coruña trala rolda de prensa conxunta de CIG e UGT para denunciar a desatención das persoas maiores e dependentes nas residencias públicas de Traballo e Benestar. CCOO e CSIF non quixeron participar. Vai video da rolda de prensa no interior.

O martes, 3 de febreiro, houbo en Compostela unha rolda de prensa da CIG e UGT na que estivemos presentes membros dos Comités de Traballo e Benestar de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra para denunciar a política inhumana, antilaboral e antisocial da Conselleira Beatriz Mato.

Política inhumana porque non está en función das necesidades das persoas senón en función dos intereses económicos.

Política antilaboral porque os traballadores e traballadoras a quendas estamos soportando unhas condicións de traballo brutais, que supoñen unha agresión física e psicolóxica.

Política antisocial porque é unha política que o único que busca é gastar menos diñeiro público a costa da saúde dos traballadores, e de que a Consellería non poña os medios humanos e técnicos para que as persoas maiores estean mellor atendidas.
     
Así ocorre que, desde o ano 2009 que goberna o Partido Popular, a Consellería de Traballo e Benestar suprimiu 800 postos de traballo ocupados por acumulación de tarefas, e amortizou, destrúeu 700 postos máis en toda a Cons

ellería,

O problema fundamental das Residencias de Maiores e dos CAPD de A Coruña, Sarria e Redondela é a escasez de persoal. Outro gran problema son as poucas grúas que hai, especialmente das saritas. Daí esa sobrecarga de traballo brutal que se agudiza cos turnos machacadores  que obligan a traballar dous fins de semana sí, un fin de semana non, dous fins de semana sí, un fin de semana non.

Que obligan a traballar oito días nun espazo de nove días. Que obligan a traballar tres noites consecutivas. Que obligan a traballar nun grao de estres enorme, e se os traballadores temos que traballar nesas condicións, é imposíbel que as persoasás que atendemos teñan a debida atención que deben ter.
     
Hai unha semana a Conselleira Beatriz Mato dixo que os problemas estaban só en A Coruña e en dous Centros como o de Oleiros e o Torrente. A roda de prensa de hoxe na que estivemos membros dos Comités das catro provincias deixan claro, publicamente, como está a situación.

No video adxunto vai máis información da roda de prensa.

Nota de Europa Press

Hector Sánchez, delegado do comité de empresa de Traballo e Benestar da Coruña

Ningún comentario:

Publicar un comentario