Semella que o goberno galego pretende lavarse a cara perante a grande preocupación que a xente ten, cada día máis, sobre a corrupción. Prometen aplicar grandes medidas pero, de momento, mandan unha enquisa ao persoal funcionario e traballador público, non mais.
Non entanto a nós parécenos unha tomadura de pelo. Non terán outra cousa mellor que facer? que pretenden facer con estes datos? acaso non son eles mesmos quen provocan esa colusión que agora pretenden denunciar?
Varias das preguntas que fan:
- Antes desta enquisa, ¿sabía que a colusión na contratación pública é unha práctica ilegal?
- ¿Considera que a colusión na contratación pública é prexudicial para as Administracións públicas?
- ¿Considera que a colusión na contratación pública é prexudicial para os cidadáns?
- ¿Participou nalgún procedemento de contratación pública no que (segundo a súa opinión) existía colusión entre os licitadores para predeterminar o resultado da adxudicación?
- No caso de responder afirmativamente á pregunta anterior, ¿qué porcentaxe de procedementos de contratación nos que tivo algunha participación estiveron afectados pola colusión entre os licitadores?
AQUÍ XA EMPEZA A PARTE MÁIS DIVERTIDA:
- Se no seu traballo tivese coñecemento fehaciente ou indicios claros de que dous ou máis licitadores están a confabularse para predeterminar o resultado dunha licitación próxima ou que xa está en marcha, ¿sabería cómo denuncialo e ante quen debería facelo?
- No caso precedente, se soubese cómo e ante quen denunciar os feitos, ¿formalizaría unha denuncia anónima ou se identificaría como denunciante?
A SEGUINTE É DAS QUE MÁIS NOS GUSTAN, SOBRE TODO POLAS OPCIÓNS QUE DÁ E NA ORDE QUE AS PROPÓN:
- No caso precedente, se puidera escoller ante quen denunciar os feitos, ¿a quen dirixiría a súa denuncia?
Entre os órganos que che dá a escoller están, por esta orde, a fiscalía, o Consello Galego da Competencia, os medios de comunicación e o propio Órgano de Contratación.
CONTINÚA...
- Cree vostede que debe impoñerse aos órganos de contratación, ás Xuntas Consultivas de Contratación Administrativa e aos Tribunais Administrativos de Recursos a obriga de denunciar os casos que coñezan de colusión na ontratación pública?
- ¿Coñece o contido e a finalidade da Disposición Adicional 23ª do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público?
Esta D.A. di: Prácticas contrarias a la libre competencia
Los órganos de contratación, la Junta Consultiva de Contratación Administrativa del Estado y los órganos competentes para resolver el recursos especial a que se refiere el artículo 40 de esta Ley notificarán a la Comisión Nacional de la Competencia cualesquiera hechos de los que tengan conocimiento en el ejercicio de sus funciones que puedan constituir infracción a la legislación de defensa de la competencia. En particular, comunicarán cualquier indicio de acuerdo, decisión o recomendación colectiva, o práctica concertada o conscientemente paralela entre los licitadores, que tenga por objeto, produzca o pueda producir el efecto de impedir, restringir o falsear la competencia en el proceso de contratación.
E FINALIZA CON ESTA QUE, DE PREGUNTA TEN POUCO, MÁIS BEN PARECE UNHA ADVERTENCIA:
- ¿Sabía que o Consello Galego da Competencia é o órgano encargado de perseguir e sancionar os casos de colusión na contratación pública producidos en Galicia e que limiten os seus efectos á nosa Comunidade Autónoma?
Así remata a enquisa. Ou sexa, que se imos facendo un percorrido polas preguntas e pola orde na que as van poñendo, podemos deducir que ao final o que che queren meter no coco é que denuncies calquera irregularidade (se te atreves, porque tampouco se propón ningún protocolo de denuncia onde si sería interesante que garantisen o anonimato) perante o Consello Galego da Competencia, onde eles teñen a tixola polo mango.
Feijóo con Marcial Dorado por Ibiza, reflexionando sobre a colusión... |
En fin, unha chorrada absoluta, se queren facer medidas anticorrupción que denuncien eles mesmos a Pachi Lucas, que saquen á luz os expedientes de Aznet e a corrupción nos cursos de formación, os expedientes de Marcial Dorado na época de Feijóo no Sergas ou todo aquilo relacionado coas tramas pokemon e similares. Que lle pregunten aos amigos e conseguidores varios como se fai isto. Teñen tanto que facer se queren... e non fan NADA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario