Que somos cada vez menos é algo que se observa con facilidade en que cada vez hai máis mesas, estanterías e cadeiras baleiras que chega a parecer isto o Ikea máis ca Xunta.
Antes das eleccións sindicais a Administración, a través dos censos das eleccións de persoal funcionario dos Servizos Centrais, da a coñecer as persoas que traballamos neste gran multicentro do que é o meollo da Administración xeral da Xunta de Galiza. A realidade é que os datos do número de traballadoras e traballadores públicos está dispoñible para todo o mundo na páxina web de Función Pública, mais separado por provincia.

Nos Servizos Centrais, segundo o censo eleitoral definitivo do 2011 éramos 3.357 compañeiras e compañeiros e catro anos despois, segundo o censo provisional, quedamos 2.931. En total temos un descenso de 426 persoas. Porén, a cousa non queda aí. Daquel censo definitivo de 3.357 persoas faltaba a metade da Consellaria de Sanidade. Ao final a historia acabou nun laudo e para non atrasar os procesos, o censo definitivo non se modificou pero si se permitiu votar a quen quixer presentando un certificado do servizo de persoal. Iso implica que naquel censo definitivo tiñan que ter aparecido ao redor de 100 persoas máis, o que nos da que nestes 4 anos perdemos máis de 500 efectivos de persoal funcionario.
Aínda deixando de lado este axuste final, e considerando só 426 efectivos perdidos, isto representa un descenso do 13%, o que duplica o 6% de media en todas as Administracións (datos desde 2012). O ritmo de destrución de emprego público é máis do dobre nos Servizos Centrais da Xunta que na media de Administracións.
O que non temos datos é do censo de persoal asesor, nin por suposto de asistencias técnicas para ver a súa evolución e ver se foi nas mesmas porcentaxes que para o persoal funcionario. Como o imos ter se nin tan sequera son públicas as súas retribucións. O que está claro é que a taxa de reposición 0 que afecta a gran maioría de persoal fucnionario fai que as xubilacións tiveran moito que ver neste descenso. Porén non é a única causa.
Nestes 4 anos houbo moitísimas amortizacións de postos, parte dos cales estaban ocupados por persoal interino (Traballo e Benestar ou Medio Ambiente, por exemplo). E por suposto, tamén houbo unhas manobras nos postos que se ofertaban nos concursos e nas eleccións de destino dos procesos selectivos onde se ofertaban todos os postos ocupados interinamente e deixaban sen ofertarse o resto de postos vacantes, producíndose así un salto menos "violento" do persoal interino que no caso das amortizacións.
Quen fai agora ese traballo? Quen presta eses servizos públicos? Somos moitos ou poucos efectivos? Está facéndose insostible a pirámide dos recursos humanos? Recomendamos a lectura da seguinte nota mais nós témolo claro, SERVIZOS PÚBLICOS, SI GRAZAS. E para iso precisamos traballadoras e traballadores públicos, públicos porque achegan profesionalidade e independencia, tan necesaria para porlle freo á corrupción.

Ningún comentario:
Publicar un comentario