Esta semana coñecíase o nome do novo conselleiro de Facenda e rompíanse todas as quinielas. Marchou Elena Muñoz de candidata para as municipais de Vigo e, no seu lugar, Feijóo pon a un home con experiencia na Administración, Valeriano Martínez, que ata o de agora ocupaba o cargo de secretario xeral da Presidencia.
Tendo en conta a política actual, pouco lle queda máis que facer xestión orzamentaria do que mandan en Madrid. Ata está extendida a opinión que é "un cambio para que todo siga igual". E para que todo siga igual, precísase unha persoa de confianza. Tendo en conta a persoa que o nomea non cremos que lle dea un arrebato e nos devolva toda o diñeiro que nos deben. Iso sí, agardamos que ademais da confianza saia a relucir o seu alabado perfil dialogante e demostre un pouco máis de preocupación pola esquecida Dirección Xeral de Función Pública da que desmostrou a súa predecesora.
A Función Pública, desde o advenimiento de Feijóo, colga da consellaría de Facenda e desta dirección xeral depende que se fagan realidade moitos dereitos do persoal da Xunta: implantar dunha vez os concursos de traslados permantentes, facer uns os procesos selectivos áxiles ou desenvolver normas pendentes tan necesarias coma unhas novas instrucións para as comisións de servizo que rematen co dedismo na cobertura temporal de postos na Xunta. Pero ante todo, ter alguén que meta en cintura ao director xeral da Función Pública para que sexa capaz de por enriba da mesa unha planificación transparente do que pretende o seu departamento para cada ano e esta cumpra os prazos legalmente establecidos.
O que non pode ser é ter á xente agardando por convocatorias de procesos selectivos (promoción interna incluída), por se hai ou non concursos... o persoal público ten dereito a facer real os seus dereitos de promoción profesional e mobilidade e tamén ten dereito a saber cando e como pretende levalos a cabo o departamento responsable. Ou é que aquí o único que lle interesa é ser áxiles cos procesos de integración do persoal dos chiringuitos?

Pois iso, Sr. Valeriano, dedíquelle tamén algo de tempo na consellaría á Dirección Xeral de Función Pública e déalle un bo impulso, que falta lle fai, e se hai que propoñer un cambio da persoa titular nesa dirección para que funcione, como cremos nós, pois adiante.
Descargar formato CIG-Informa
Descargar formato CIG-Informa
Ningún comentario:
Publicar un comentario