Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 10 de febreiro de 2015

Medio Ambiente volve á carga cunha nova proposta de amortización de 41 postos na Axencia Galega de Infraestruturas

Xa estábamos avisados de que hoxe a Consellaría de Medio Ambiente mandaría tamén outra proposta de modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI). De novo, esta proposta vai na liña da que xa recibimos do resto desta consellaría e da Consellaría de Medio Rural a semana pasada. 

Entre os postos que esta axencia propón amortizar están legoeiros/as, capataz de cuadrilla, oficiais conductores, arquitécto/a técnico, auxiliar técnico de obra e todos aqueles postos que teñan que ver coa conservación das vías de titularidade autonómica. Tamén propoñen amortizar varios postos de traballo admnistrativo nas oficinas centrais da axencia. En total, 41 postos por valor de 1.073.665,40€.

Fala a proposta de dar cumprimento ás lei de orzamento do ano anterior (con carácter retroactivo) e  a deste para axustar a súa relación de postos de traballo ás "previsións orzamentarias". Recordamos, como xa fixemos antes, que tanto a lei de orzamentos de 2013 coma a de 2014 non obrigan a amortizar os postos vacantes senón os que "non sexan necesarios" e entendemos que eses postos son necesarios e teñan que ser ofertados públicamente.


A xogada é mestra: non cubren os postos base ou de oficios, derivan o traballo cara empresas privadas, recortan o orzamento e logo os amortizan porque "non teñen" para pagar a súa cobertura. É unha cuestión política, non técnica. As consecuencias é que o persoal de dentro vai ter menos postos aos que concursar, e a cidadanía terá menos prazas públicas ás que concorrer e uns servizos públicos en mans das mesmas empresas privadas de sempre.

Outras modificacións

Ademais das 41 amortizacións, na documentación figuran tamén outras modificacións menores como son a apertura ao subgrupo A2 da cobertura dun posto de libre desgnación e máis a apertura aos subgrupos A2 e C1 dunha sección que antes era A1 co requisito imprescindible da licenciatura en Dereito e que agora deixan en mérito.



Ningún comentario:

Publicar un comentario