O Conflito Colectivo
posto polo COMITÉ xa foi importante porque permitiu seguir difundindo O
SISTEMA INHUMANO DE TRABALLO froito duns TURNOS MACHACADORES E
DISCRIMINATORIOS.
Moi destacábel que dentro da sala estiveramos membros do COMITÉ
pertencentes á CIG, UGT e CSIF xunto con
traballadoras e traballadores das Residencias de Oleiros e Torrente Ballester, e do CAPD A Coruña.
traballadoras e traballadores das Residencias de Oleiros e Torrente Ballester, e do CAPD A Coruña.
O que se dilucida neste Conflito Colectivo é SE HOUBO NEGOCIACIÓN OU NON.
Na opinión dos compañeiros e compañeiras da CIG quedou máis que probado que NON HOUBO NEGOCIACIÓN
cando a xuntanza do 13 de decembro do 2013 durou 20 minutos ao dicir a
Xefa Territorial que tiñan que manter as instruccións de traballar sete
días seguidos, dous fins de semana de cada tres, tres noites
consecutivas, e que O PRAZO DE NEGOCIACIÓN REMATABA ESE 13 DE DECEMBRO.
Hai que destacar que a Xefa Territorial -Pilar Caridad- e o Director
do CAPD A Coruña -Constantino Piñeiro- mentiron ao negar que a Xefa
Territorial dixera de que o prazo remataba ese día.
Moi destacábel tamén cando o avogado do Comité lle pregunta á Xefa
Territorial se recibira un correo electrónico do Comité do 5 de decembro
solicitando que se lle convoque para negociar as Carteleiras do 2014, e
como a Xefa Territorial dicía que non se lembrara, pasoullelo o avogado
e despois duns segundos de titubeo, dixo que "NO TENÍA CONSTANCIA".
E moi significativo que o Presidente do Tribunal lle dixera á Xefa
Territorial que se tiñan tanta premura para que as Carteleiras estiveran
para o 1 de xaneiro, como era que se lle convoca ao Comité o 13 de
decembro.
Moi ben as testemuñas do Comité -Xosé Manuel Viqueira e Fina
Martínez- destacando que hai anos negociabanse as Carteleiras nos
Centros e que desde que a Xunta impuxo a Lei de Medidas, suspendeu o
artigo 19 do Convenio, e non se apea dun SISTEMA INHUMANO que impide
unha conciliación familiar, e una vida social, ao manter a machamartillo
para quen traballamos a turnos, os sete
días consecutivos, dous fins de semana sí -traballar-, un non, dous
fins de semana sí, un non, e tamén as tres noites consecutivas.
Moi destacábel tamén a cantidade de medios de información que había.
Ben. Xa se verá a sentenza.
Agora, sexa a sentenza que sexa, este COMITÉ seguirá loitando
CONTRA A XENTE INHUMANA QUE NOS GOBERNA e impón condicións inhumanas de
traballo
------------------------------ ------------------------------ -----------------------------
Van dous videos:
------------------------------ ------------------------------ -----------------------------
Van estes enlaces de medios de comunicación
Ningún comentario:
Publicar un comentario