Beatriz Mato, imponslle ao persoal laboral das residencias de maiores, centros de menores e Benestar unhas condicións laborais de escraviturde e de crueldade física e psicolóxica.
A conselleira de Traballo e Benestar despreza a situación das traballadoras e traballadores de atención directa dos servizos sociais e dos usuarios destes centros.
A situación do persoal laboral en Traballo e Benestar é cualificada polo Comité de Empresa como "o colectivo máis castigado polos recortes e recorte de dereitos conqueridos historicamente, dentro do persoal laboral da Xunta. As traballadoras e traballadores das residencias da terceira idade dos centros de menores, e CAPD da Coruña, isto é todos os que estamos en atención directa somos victimas de quendas de traballo estresantes, machacadoras e esclavistas".
Esta situación chega á crueldade cando se lle denegan as vacacións ao persoal que esta facendo sustitucións de baixas de longa duración, cando se fan contratos en precario de media xornada, fins de semana ou por horas ou cando o persoal en quenda ten que asumir o traballo de outro persoal que non se cubre de vacacións, de baixa ou de permiso xustificado.
Con estas sobrecargas de traballo, as quendas dos nosos centros de atención a persoas maiores e a menores teñen secuencias de 7 días continuados de traballo con 3 noites consecutivas ,librando un de cada 3 domingos, e non hai unha regla que regule a libranza de festivos polo que se están a traballar a maioria deles, coa posibilidade de ter que traballalos todos e sen nengun tipo de compensación.
Sinalar que a carga de traballo desta Consellería ten un compoñente físico importante e un psicoloxico aínda maior polo que os tempos de desconexión son insuficientes minando aos traballadores-as tanto fisica como mentalmente.
Esta carga de traballo aumenta considerablemente pola negativa de Beatriz Mato a cubrir as baixas que se producen nos centros de atención directa co que os departamentos de enfermería, limpeza, cociña, ordenanzas sempre están baixo minimos con carencia de persoal e tendo que suplirse doblando xornadas e sobrecargandose de traballo ao escaso xa persoal en activo. Nos postos de traballo cunha persoa sola como son animación sociocultural, terapeuta ocupacional, fisioterapia, médico, asistente social ou psicologo xa nen esta posibilidade existe xa que de ausentarse o titular por vacacións ou baixa o servizo queda totalmente descuberto ao non cubrirse por persoal sustituto co que os usuarios poden quedar durante meses sen estas prestacións imprescindibles para a súa calidade de vida.
Todo isto supón un aumento vertixinoso das ITs tanto por accidente laboral como por estres ou lesións músculo esqueléticas que levan a ser o colectivo con mais baixas nas plantillas do centros da Xunta de Galicia.
Non é posible traballar nunhas condicións mínimas de dignidade laboral e atención aos usuarios en Traballo e Benestar todo é desidia, inoperancia, prepotencia e imposición por parte da conselleira Beatriz Mato e os directivos a dedo que ten nomeados para xestionar os centros de atención directa. Directivos que calan e otorgan ante unha situación que saben é insostible, inxusta, perversa e ultraxante e que curiosamente desaparecen durante o mes de agosto porque para estes si que hai permiso para marchar de vacacións e deixar aos centros sen persoal directivo.
Na Consellería de traballo e Benestar carecemos de conciliación familiar, as xornadas impostas por Beatriz Mato impiden que durante meses se poida disfrutar dun festivo ou dun domingo en familia, recurrindo ao compañerismo, cos cambeos de quenda para poder asistir a algun acto deses nos que tanto lle gusta lucir a Beatriz Mato (bodas, bautizos e eleccións de misses da terceira idade).
Estamos ante unha xestión temararia que pon en peligro a sáude do persoal laboral de atención directa e merma considerablemete as prestacións aos usarios de Benestar desde o Comité de Empresa imos convocar diversas mobiliacións durante o mes de setembro para esixir solucións, contra a precariedade laboral, pola recuperación dos dereitos e a calidade das prestacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario