Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 13 de agosto de 2015

Convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios Celga nas EOIs

No DOG do 13 de agosto publícase a convocatoria da Consellaría de Educación, con carácter gratuíto, dos cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga), que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas do país.

O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o 14 de agosto ata o 11 de setembro de 2015, para os cursos do primeiro cuadrimestre; e desde o 14 de decembro de 2015 ata o 4 de xaneiro de 2016, para os cursos do segundo cuadrimestre. 

Os cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior van dirixidos ao persoal das diferentes administracións públicas galegas, exceptuando o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario.

Haberá cursos presenciais nas escolas oficiais de idiomas da Coruña (superior), Ferrol (superior), Compostela (medio/superior), Lugo (superior) e Pontevedra (medio/superior); cursos telemáticos nas EOIs da Coruña (superior), Lugo (medio), Ourense (medio) e Vigo (medio/superior)

Accede á convocatoria

Ningún comentario:

Publicar un comentario