Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 27 de agosto de 2015

A propia Xunta contrata cursos coa empresa da "Operación Qatedra"

Ademais de Traballo e Benestar, o Instituto Galego de Consumo tamén asinou vai pouco un contrato de formación coa empresa acusada de estafa.


Tras a xa esquecida Operación Zeta, o fin de semana pasado saía á luz unha nova trama de fraude nos cursos de formación financiados con fondos públicos, cursos polos que se cobraba pero que non se impartían. Esta nova trama (Operación Qatedra) ten o seu epicentro en Lalín, na empresa Prosem, que salpica a varias empresas das catro privincias e que celebra contratos con varias Administracións públicas, entre elas a Xunta de Galiza.

O asunto saltou aos medios de comunicación esta semana a raíz da detención de dous socios da empresa e a muller dun deles e mais polo rexistro policial da sede. Porén, aínda non saltou á luz o fondo do asunto  nin a implicación dos distintos actores. Polo momento, sabemos que a Xunta  (Consellaría de Traballo, ISSGA e IGC) tivo 5 contratos con esta empresa (un deles en vías de formalización e outro asinado o 1 de xullo); 4 deles para impartir cursos de formación.


O que saltou á luz desta relación con Prosem foi que a finais de xullo o ISSGA acababa de escoller a esta empresa para realizar 3 cursos por 96.000 €. A conselleira de Traballo non tardou en saír ao quite decindo que ela "non era xuíza" e que seguirían contratando con esta empresa mentras cumpra e ata que non haxa sentenza xudicial. Se ben o tema vén de lonxe, xa que nace dunha inspección de 2013 que detecta unhas facturas falsas do 2010, a investigación xudicial non se abre ata marzo de 2015 segundo recolle El Mundo.

Galicia Confidencial na súa edición de pago e A Voz de Galicia eran dos poucos medios que recollía a relación contractual Xunta-Prosem. Curiosamente A Voz facía un pequeno apartado xa ao final de toda a nova que falaba das detencións, nova que primeiro estaba na sección Galiza, destacada, e a media mañá do mércores pasou para a sección rexional do Deza (Lalín).

O caso é que ademais de Traballo e Benestar, esta empresa conseguiu outro contrato co IGC xa despois de aberta a investigación xudicial. A Xunta tivo tres contratos máis con esta empresa: dous no 2014 e un no 2013. Ademáis da Xunta, só figura o Concello de Porriño como segunda Administración pública contratante para a prestación de servizos de formación por parte desta empresa. Supoñemos que todos estes contratos estarán sendo investigados por se entran na suposta trama de estafa e falsedade documental. 

De momento a Xunta informa que xa remitiu toda a documentación, evitando así que teña que ser a policía a que volva a entrar nas sedes dos departamentos da Xunta para vergonza das súas traballadoras e traballadores. Agardamos que prosiga a investigación. Tolerancia 0 coa corrupción.


Os contratos de Prosem coa Xunta





Consellaría de Traballo e Benestar. 2013. Servizo de programación e xestión do proxecto "Rede galega de dinamización xuvenil" 294.235,00 € sen IVE


Operación Qatedra na prensa

Tres detidos pola trama de cursos de formación de Galicia

En liberdade con cargos os tres detidos en Lalín tras o rexistro a Prosem

Os propietarios de Prosem quedan en liberdade con cargos tras declarar ante a Garda Civil

Os empresarios detidos están dando cursos para a Xunta

Ningún comentario:

Publicar un comentario