Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 25 de agosto de 2015

A metade de persoal da Xunta flexibiliza a súa xornada pero só 76 persoas teletraballan

A implantación do teletraballo segue sendo ridícula: só 76 persoas teletraballan na Xunta dun total de 2000 potenciais usuarios que anunciaran coa súa posta en marcha.


Este luns, 24 de agosto, coincidindo coa remisión de datos dos meses de xuño e xullo de implantación de flexibilidade e teletraballo, a Xunta sacou unha nota de prensa que dicía que a metade do persoal da Xunta gozaba xa de flexibilidade.

A realidade é que a Orde que regulamenta a flexibilidade deixa ben claro que queda excluído todo o persoal que traballa en centros docentes, sanitarios e xulgados, que é a maioría do persoal da Xunta (70.000 en total). En calquera caso, dos 16.000 potenciais beneficiarios da Administración Xeral, boa parte non pode flexibilizar a súa xornada laboral xa que traballan a quendas (Benestar, Incencios....).

Ou sexa, que cando fala da "metade do persoal da Xunta" estase referindo á metade do persoal  de Administración xeral que nas estadísticas da Función Pública figura como "persoal de consellerías e OOAA". Pois ben, este número de preto de 8.000 traballadores e traballadoras públicos leva todo este ano dando sinais de estancamento xa que só aumentou un 5% no que vai de ano.

Con relación aos datos dispoñibles a finais de decembro do ano pasado había 7374 persoas con horarios flexible nas dúas modalidades fronte as 7782 actuais, o que da un incremento do 5% que a prensa transforma nun 7%. En calquera caso, a diferencia non é significativa.

O que si resulta significativo é que o aumento foi moito maior na flexibilidade familiar onde pasamos de 796 resolucións aprobadas a finais de 2014 a 924 na actualidade, o que supón un aumento do 14%.

Por último, seguimos co teletraballo en niveles ridículos xa que a súa implantación non supón nin un 4% dos postos totais nos que en teoría podería implantarse (76 de 2000). Aínda así, o teletraballo si que podemos dicir que aumentou significativamente en termos relativos pasando de 46 autorizacións a finais do ano pasado ás 76 actuais. Desde xaneiro as solicitudes denegadas permanecen estancadas en 51.

Seguimos insistindo en que as denegacións son demasiado xenéricas, pouco fundamentadas e totalmente excluíntes para determinados colectivos como o persoal informático que na empresa privada é obxectivo habitual do teletraballo. Ademais, compre destacar o baixo número de solicitudes, pois só 127 suman o balance total de aprobadas e denegadas.



DATOS RELATIVOS ÁS FLEXIBILIDADES E TELETRABALLO APROBADAS
31 XULLO 2015

Flexibilidade automática
APROBADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
6.858 (+38)
2.824 (+11)
4.034 (+27)

Flexibilidade POR CONCILIACIÓN
APROBADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
924 (+42)
371 (+17)
553 (+25)

TELETRABALLO
APROBADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
48
30
18
PRORROGADOS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
28
23
5
TOTAL: 76 (+6)
TOTAL: 53 (+1)
TOTAL: 23 (+5)
En vermello os diferencias con respecto a 31 de maio (anteriores datos facilitados pola Xunta)

Datos estadísticos da Xunta (última actualización - segundo semestre 2014)

Ningún comentario:

Publicar un comentario