Nestes últimos días antes do parón de agosto foron quedando pechadas varias cuestións (instrucións de adaptación á nova lei de emprego público dos permisos e máis dos descontos por baixa médica, varias RPTs...). Recompilamos algunhas cuestións de interese xeral como os concursos de traslados, os procesos selectivos ou listas de substitución, das que na maoría anuncian movementos en setembro.
Concurso de traslados
Persoal funcionario corpos xerais: en setembro esta prevista a lista de persoas admitidas e excluídas. Recordamos que para corpos especiais viñan avanzando previamente que para setembro-outubro comezarían a negociar as bases dun novo concurso. Dos concursos permanentes prometidos nada de nada.
Persoal laboral: Función Pública supedíatabao á negociación de refundición/supresión de categorías pero non volveu a convocar desde maio. Din que en setembro retoman o das categorías e van considerar que a negociación coas bases do concurso vaia en paralelo.
Procesos selectivos (corpos xerais persoal funcionario)
Tamén en setembro publicarán as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas e a raíz de aí comezarán a facilitar información como nº de solicitudes, estimación de datas para exercicios e a orde que seguirán. Teñen a intención de que se fagan nun mes os primeiros exames das 8 convocatorias de acceso libre e promoción interna. En canto aos temarios non vinculantes da EGAP, hai compromiso de publicar os que restan en setembro.
Listas de sustitución

Non era sen tempo, na primeira semana de setembro mandarán un borrador coas propostas de modificacións do Decreto 37/2006 que regula as listas de substitución na Xunta. Modificacións que se reclaman desde a Comisión Permanente Central de Listas son: incorporar a posibilidade de renuncia sen penalización a prazas de media xornada (ou inferior), retorno automático ás listas tras o cumprimento do ano de penalización ou acortar o prazo de efectividade na suspensión de chamamentos. En fin, requisito imprescindible para que funcionen as listas é rematar coa deriva privatizadora dos servizos públicos.
Tamén informan que existen determinadas entidades públicas que teñen listas propias para categorías que non están no catálogo do Decreto 37/2006 pero que poderían ser análogas. En concreto, o INGACAL para o que Función Pública xa autorizou listas propias.
Contratación persoal de reforzo para as oficinas de emprego (70 persoas)

O
tema quedou parado pois "están pendentes do crédito de Madrid". O criterio para os chamamentos é tirar das listas de persoal funcionario A2 con titulacións específicas. Porén, poderían cambiar o criterio se desde Madrid indican o contrario; depende de se o programa é para técnicos/as
de emprego (calquera titulación) ou para orientadores/as (titulacións
específicas). En calquera caso, haberá reunión previa.
Protocolo acoso sexual, laboral e plan de igualdade
Desde o 21 de abril que houbo a última a xuntanza, o borrador de protocolo de acoso laboral da Xunta ficou parado e desde entón non se volveu saber nada. Resulta vergonzoso xa que a lei obriga desde 2004 a implantación non só do protocolo ante acoso laboral senón tamén ante o acoso sexual, así como a implentación dun plan de igualdade.
Na Administración Xeral do Estado teñen estes dous protocolos desde 2011, xa van polo II Plan de Igualdade e aquí nin aplicación subsidiaria mentres sacamos un propio, nin mínima intención de facer nada con estes temas. Como é un tema de Vicepresidencia, di o director de Función Pública que pasa recado; non opina. Outra asignatura pendente para setembro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario