Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

mércores, 18 de novembro de 2015

A Xunta invéntase as instrucións de permisos a golpe de casuística

Como non o actor principal é Política Social, antiga Consellaría de Traballo e Benestar, que nesto do réxime de permisos sempre marca distancia co resto... pero para mal. Nesta ocasción remiten ao persoal unha aclaración sobre o permiso para exames no caso de realizarse noutra localidade. O caso é que desta volta fixeron a consulta a Función Pública e foi Función Pública a que refrenda unha interpretación sobre o permiso por exame indo máis aló do que está escrito, ou sexa, limitando máis do que poñen as actuais intrucións.

A limitación consiste en que se as instrucións actuais xa non fan diferenciación entre se o exame é na mesma ou distinta localidade. En calquera caso, nas anterirores si o facía pero esa era a única, non en función se as probas defintivas de aptitude eran derivadas de "cursos de formación do persoal". Pois ben, Traballo e Función Pública decidiron entrar en máis detalles do que hai escrito actualmente e din que iso de "todo o día cando sexa noutra localidade" é só para exames que non sexan nin da EGAP nin dos sindicatos, que para estes últimos só "o tempo imprescindible".

 
Imos ver, se queren cambiar as instrucións que o fagan, que para eso poden, pero seguindo o procedemento marcado para ditar as actuais, incluíndo o paripé de negociación colectiva. En calquera caso, non ten lóxica ningunha facer esta diferenciación entre probas definitivas de aptitude cando nin a fai a lei nin as instrucións. Por non falar do xa polémico que resultou o de poñer o "tempo indispensable" nas instrucións cando a lei fala de "durante os días da súa realización" para volver intentar poñer isto aínda que sexa como vía de feito porque nas instrucións actuais non figura.

Se é que no fondo todo son facilitades para que nos formemos... e logo, aínda por riba, querían limitar a validez dos cursos a 8 anos para os concursos de traslados!!!.
  • Interpretación de facto de Política Social co visto e prace de Función Pública:
Buenos días.

Ante las dudas que se plantean a veces a la hora de conceder permisos para la realización de exámenes por parte del personal de vuestras respectivas unidades, y realizada la correspondiente consulta a la Dirección Xeral de Función Pública y a la Subdirección Xeral de Persoal de nuestra Consellería, estas son las instrucciones a tener en cuenta:
 
 ·         Si estamos diante dun exámen da EGAP, coas peculiaridades de cada caso según hora e lugar do exámen, a persoa interesada ten que traballar o dia do exámen, antes ou despóis da súa realización, aportando o correspondente xustificante de ter participado nese exámen. Mesmo si ten que desplazarse a outra localidade para a realización da proba  (ex. de Coruña a Santiago), ten que ir a traballar antes ou despoís da mesma.
                                                                                              
·         Si é un exámen doutra administración pública, nos termos sinalados na instrucción oitava, da Resolución do 10 de xullo de 2015, de Función Pública, pola que se modifica a Resolución de 12 de marzo do 2013 relativa as instruccións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas, para adaptala  á lei 2/2015 de Emprego Público de Galicia (1),  o interesado pode coller todo o día.

·         Si se trata dun exámen organizado por unha organización sindical: o mesmo tratamento que si fora un exámen da EGAP.

Ningún comentario:

Publicar un comentario