Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

mércores, 11 de novembro de 2015

Datos de concesións e denegacións de flexibilidades horarias e teletraballo de outubro 2015

A Administración remítenos os datos acumulados das flexibilidades horarias e do teletraballo con relación á data de 31 de outubro.

Disparouse neste mes pasado a flexibilidade automática nos servizos periféricos (+206), pasando por primeira vez os datos globais de 7000 resolucións favorables (menos da metade de todo o persoal que traballa en Administración Xeral da Xunta (ou sexa, sen Ensino, Saúde e Xustiza). 

As flexibilidades familiares seguen avanzando lentamente cara as 1000; subiron este mes 14 nos servizos periféricos e 2 tan só nos Servizos Centrais. O teletraballo, que mellor forma de conciliar a vida laboral, familiar e persoal, aínda se move máis lentamente e está en 86. Só 86 persoas en toda a Administración Xeral da Xunta fai teletraballo de xeito oficial dos 2000 potenciais usuarios/as que vendía a Xunta a comezos de 2014.


Só unha denegación entre todas as solicitudes, referidas a un posto de Director/a Albergue, en cando á flexibilidade automática. Na actualizade hai 26 denegacións de flexibilidade automática e 12 na familiar. No teletraballo non houbo denegacións este mes pasado pero hai 55 en total.

Desta volta tocoulle facer política coa conciliación da vida familiar e laboral das traballadoras e traballadores públicos, vaia noticia!; a semana pasada foi o concurso de traslados... está claro que se aburren.




DATOS RELATIVOS ÁS FLEXIBILIDADES E TELETRABALLO APROBADAS
31 OUTUBRO 2015

Flexibilidade automática
APROBADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
7.160 (+221)
2.856 (+15)
4.304 (+206)

Flexibilidade POR CONCILIACIÓN
APROBADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
964 (+16)
383 (+2)
581 (+14)

TELETRABALLO
APROBADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
53 (+1)
33
20 (+1)
PRORROGADOS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
33 (+3)
28 (+3)
5
TOTAL: 86
TOTAL: 61
TOTAL: 25

Ningún comentario:

Publicar un comentario