Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

martes, 17 de novembro de 2015

Acto informativo: A Sanidade pública en perigo. Calendario de vacinas infanto-xuvenil

A plataforma SOS Sanidade Pública, da que forma parte a CIG, organiza este mércores, 18 de novembro, un acto informativo con relación ao calendario de vacinas infanto-xuvenil. 

Este tema está de triste actualidade debido a recente morte dun neno en Boiro por meninxite B, que se une ao do ano pasado en Arteixo, así como das recentes mobilizacións pedindo a inclusión da vacina no calendario oficial. Recordamos que en outubro se legalizou a venta da vacina en establecementos farmaceuticos do estado español a un prezo desorbitado, a pesar do cal o seu desabastecemento segue sendo xeneralidado. 

Se che interesa o tema e a defensa da Sanidade Pública, acude este mércores ao Centro Sociocultural do Ensanche (Compostela) ás 20h.

2 comentarios:

  1. Agora xa somos na Sanidade como na rexional do futbol:
    De 1ª Dentro do sistema e tendo 106 euros
    De 2ª Dentro do sistema pero sen dispoñer do diñeiro para a vacina
    De 3ª No sistema paralelo: inmigrantes, parados de longa duración e pobre de solemnidade.

    ResponderEliminar
  2. Agora xa somos na Sanidade como na rexional do futbol:
    De 1ª Dentro do sistema e tendo 106 euros
    De 2ª Dentro do sistema pero sen dispoñer do diñeiro para a vacina
    De 3ª No sistema paralelo: inmigrantes, parados de longa duración e pobre de solemnidade.

    ResponderEliminar