Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

venres, 6 de novembro de 2015

Concurso de traslados de corpos xerais: 2752 persoas admitidas provisionalmente

No DOG do 6 de novembro publicouse a resolución de aprobación da lista provisional de persoas admitidas e excluídas no concurso de traslados de corpos xerais de persoal funcionario da Xunta de Galiza.

Esta lista xa foi anunciada que ía ser publicada en setembro e finalmente demorouse ata novembro sen moitas máis explicacións. Supoñemos que se trataba de depurar os posibles erros. En total, e de xeito provisional, hai 2752 persoas admitidas e 169 excluídas. Recordamos que o número de postos inicialmente ofertados ascende a 1310 pero hai que ter en conta a fase de resultas e as persoas que só concursan nesta fase, por vez primeira

As persoas que non aparezan en ningunha destas listas e aquelas excluídas disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación, para reclamar.


Respecto da resolución definitiva non avanzan prazo e haberá que ver o número de reclamacións a estas listaxes e posteriormente as reclamacións ás puntuacións provisionais, das que tampouco avanzan prazo. Algunha fontes falan de marzo-abril e mesmo maio pero trátase só de conxeturas. Iso si, o persoal funcionario agradecería máis información e maior dilixencia que, a pesar dos avances informáticos, con cada concurso sempre estamos coas mesmas historias. 

Aquí a versión feliz na nota de prensa da Xunta... si, creádelo ou non, tiveron o valor de sacar unha nota de prensa disto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario