Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 11 de novembro de 2015

Seguimos a cámara lenta nos asuntos da Función Pública

Non máis populismo eleitoral cos nosos dereitos!
Descarga CIG-Informa Migallas Electorais

O luns, 9 de novembro, houbo unha desas reunións do director da Función Pública cos sindicatos nas que se din moitas palabras pero realmente a información é moi pouca. Falaron dos seguintes temas: RPTs, procesos selectivos persoal funcionario, concursos, OPE 2016, permisos, contratación temporal, refundición categoraías persoal laboral... O mércores, 11 de novembro, na Mesa Xeral completaron algunha cousa máis.

Iso por non falar de que no fondo subxacte unha falta total de vontade negociadora; a Administración leva a súa idea e é esa a que sae adiante porque yo lo valgo. Baste como exemplo que avisan ese luns que o mércores hai Mesa Xeral e, de seguido, Comisión de Persoal na que meten tamén as ordes de modificación dos temarios das oposicións de persoal funcionario.

Agora, co tema electoral, están facendo moitas reunións de escaso contido e cunhas míseras concesións, desas que polo que lle costaba, xa podían telas feito antes pero recordade que antes as traballadoras e traballadores públicos eramos vagos e ineficientes, agora fálase de recoñecer as nosas contribucións e de facernos partícipes tamén da "recuperación económica"... lástima que non gocemos dela como están a gozar a banca e as grandes empresas.

Procesos selectivos persoal funcionario

Din o que xa sabíamos respecto ás listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nos procesos selectivos de acceso libre, que sairán en novembro. Respecto ás modificacións dos temarios (EBEP, Lei de Procedemento, Lei de Réxime Xurídico), achegan os borradores 2 días antes da súa aprobación  (iso si que é vontade de que se poidan facer alegacións!); argumentan que "como só se trata dunha adaptación normativa que se trata só dunha aclaración e non se admiten alegacións" (...). O mércores ían confirmar cando a EGAP tería preparada a modificación dos temarios pero só foron capaces de confirmar "o máis rápido posíbel". En canto a datas dos primeiros exames agora falan de "abril" cun xeneroso aprazamento respecto á anterior previsión de "marzo-abril" para compensar por estas modificacións aos opositores... De feito o mércores, o director da Función Pública empregou a xa famosa frase de que "os exames (de libre e PI) non serán antes do 1 de abril"

Concursos de traslados

Insisten en que para persoal laboral e para persoal funcionario de corpos especiais que non teñen data. Do resto de concursos non avanza máis información (concurso xeral: previsión de resolución?; concurso lei 17: convocatoria en setembro dicían...).  Na Mesa Xeral do mércores esténdese un pouquiño máis e volven sacar a escusa das RPTs que teñen que adaptalas ás novas escalas da Lei de emprego público e que "están traballando niso"... xa podemos agardar sentadas. Con respecto a esto se lle comenta que hai unha pila de RPTs con modificacións no dique seco e claro, aí efectivamente está o tema tamén da modificación dos decretos de estructura das consellarías. En fin, que sexa por "h" ou por "b", o concurso de corpos especiais nunca se vai poder facer...


 Oferta de Emprego Público Xunta 2016

Din que aínda é pronto para falar deste tema pero, de novo, volven repetir o mantra político de que na próxima OEP ofertarán o 100% das vacantes de "servizos esenciais" e o 50% de restante (outra cousa é que o convoquen e cando; recordamos que na Xunta hai OEPs antigas sen executar e outras que foron acumuladas). E por certo, os criterios de cobertura temporal seguen a ser os mesmos que os de anos pasados, ou eso figura no proxecto de lei de Orzamentos (todo moi coherente...) Prevén enviar o borrador da OEP entre febreiro e marzo do 2016 e publicala no primeiro trimestre.

Texto refundido de permisos, vacacións e licenzas

Actualmente hai unha instrución con este tema e unha modificación posterior para adaptala á Lei de emprego público de Galiza. Este texto refundido prevén remitilo "esta semana". Meterán a maiores: a transposición do RD lei 10/2015 e o desenvolvemento da redución de xornada voluntaria con redución de retribucións. 

Existe un conflito actual entre a normativa de permisos de conciliación e a flexibilidade familiar na última modificación destas instrucións que deberían solucionar.

Goze dos días adicionais de vacacións e asuntos particulares

Aclaran que só se poden solicitar até 30 de abril os días adicionais de vacacións e asuntos particulares  regulados na nova normativa. Os que xa estaban recoñecidos de antes se lle aplica a norma xeral (límite 31 de xaneiro para asuntos propios; 15 de xaneiro para vacacións).

Decreto de listas e contratación de persoal orientador laboral

Decreto de listas: Van analizar aas alegacións e convocarán unha xuntanza para negociar (só sobre as modificacións que propuxo a Administración non sobre todo o Decreto). Non dan data. Na mesa do mércores comprométese a ter a primeira xuntanza para a semana.
Contratación de persoal orientador laboral (70): está asinado o informe de autorización do gasto da contratación deste persoal de reforzo. En breve confirmarán cando se fará efectiva e de como queda a cuestión dos requisitos; levan mareando este tema desde comezos de ano... Neste caso, o mércores si quedou pechado o asunto: as titualcións as mesmas que as da última vez e comezarán os chamamentos a finais de novembro.

Supresión, refundición e ordenación de categorías de persoal laboral

Este é un eufemismo propio da ola privatizadora que nos asolaga e na que o dogma é que "o meu primo ten unha empresa que o fai moito mellor e máis barato"; logo, nin moito mellor, nin máis barato, pero si alguén por aí sacou tallada do tema, ademais do primo.

Este tema levan mareando con el todo o ano, se ve que xa non urxe tanto "racionalizar" coma antes. Seguen sen previsión clara e circunscriben volver con esto cando acaben con outros temas pendentes. Recordamos que din que teñen paralizado o concurso de persoal laboral por este tema. Xa postos, que saquen o concurso, que o da refundición de categorías vai para largo... 

RPTs 

Informan de luns para mércores que levarán a unha Mesa Xeral e posterior Comisión de Persoal as seguintes modificacións de RPTs:
  • Vicepresidencia e Consellaría de Presidencia, AAPP e Xustiza
  • Presidencia: crean 2 prazas en Emigración para integrar o persoal que viña da Fundación Galicia Emigración. Recordamos que deste centro administrativo retiraron do concurso de corpos xerais unha sección nivel 25 por vindeira amortización en RPT... pois ben, alegrámonos de que non a amorticen pero... porque non a ofertaron???
  • Educación e Cultura: crean 4 prazas da Escala superior de Arquivos, Museos e Bibliotecas (especialidade Bibliotecas)  para que haxa suficentes para a elección de destino das oposicións para esta escala. Pasáronse de frenada nas amortizacións e na apertura das prazas a A2 para que tomaran posesión na outra oposición; unha total falta de previsión.

Varios
  • Incumprimentos en materia de Igualdade: Nin Plan de Igualdade, nin protocolos de prevención de acoso laboral, nin protocolo de intervención nos casos de acoso sexual. En breve dirán algo... manifestar si que se manifestan con cada morte por violencia machista pero na realidade, vemos o que lle importa o tema de igualdade, só o rédito político. 
  • Integracións: esto xa lle interesa un pouco máis. En breve a orde de integración do GAIN; vai tardar mais a de Turismo. Sobre o IET en breve comisión de valoración.
  • Persoal veterinario: comisión de seguimento: "probablemente convocarán a vindeira semana"; temarios: agardan pola alegacións dunha consellaría, "pronto" a unha Mesa Xeral.
  • Gardacostas:non contestan sobre o proceso selectivo.
  • Axentes Medioambientais: non teñen previsión para convcoar este proceso selectivos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario