Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

mércores, 18 de novembro de 2015

Derrogación da lei de medidas: 26 de novembro, segundo asalto

Dentro do calendario de mobilizacións emprendido desde os comités da Consellaría de Política Social, o vindeiro 26 de novembro terá lugar a 2ª data da manifa que partirá do Parlamento de Galiza ás 10:30h e rematará en San Caetano, como a anterior.

Precisamente, representantes do persoal laboral reuníanse esta semana cos grupos parlamentares para reiterarlle a necesidade de derrogar a Lei de medidas "temporal" do 2012. Coma sempre, total apoio dos grupos da oposición e discurso de "recuperación económica" por parte do grupo do Goberno. 

Cómpre recordar que o proxecto de Lei de Orzamentos 2012 mantén prorragadas boa parte desas medidas entre as que se atopa a suspensión do artigo 19 do convenio colectivo (dereito a descansos en domingos e festivos) que empeora a prestación dos servizos públicos. Outras como a de "pagar por enfermar" xa forons convetidas en permanentes a través da Lei de emprego público.

Na propia manifestación tamén se reivindicará a convocatoria inmediata do concurso de traslados para persoal laboral que o Convenio Colectivo recolle como Permanente e o anterior resolveuse vai xa para 3 anos.

Persoal laboral e funcionario, traballadoras e traballadores públicos e cidadanía en xeral están chamadas a esta mobilización.


Ningún comentario:

Publicar un comentario