Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

xoves, 23 de xuño de 2016

AMTEGA: Axencia Modelo para exTErnalización en GAliza

O mércores  22 de xuño de 2016 publicouse no BOE a Convocatoria das oposicións da OPE 2016 na Administración Xeral do Estado. Estamos ante unha das convocatorias con maior número de postos de persoal informático na AGE.

Isto é o normal ante implantación da administración electrónica: Incorporación de persoal informático  propio. Examinando os tres últimos anos, podemos comprobar que AGE convocou un total de 390 postos de persoal  do grupo C1 e un total de 356 do grupo A2.



2014 2015 2016 TOTAL
Corpo de Técnicos Auxiliares de Informática da
Administración do Estado – C1

50(PI) 92+43(PI)=135 150+55(PI)=205 390
Corpo  de Xestión  de  Sistemas  e  Informática  da Administración do Estado – A2 24+25(PI)=49 80+36(PI)= 116 130+61(PI)=191 356


Agora examinemos a situación do persoal informático na Xunta de Galiza. A última convocatoria de persoal informático do grupo A2 foi no 2011 cun total de 7 postos ofertados. No caso do persoal informático do grupo C1, a última convocatoria foi no 2008 cun total de 36 postos.  A xunta leva 8 anos sen convocar postos do grupo C1 de informática.

Será que na Xunta de Galiza non se implantou a administración electrónica?

Non. O que pasa é que no ano 2011, o amigo Feijoo creou un monstro chamado AMTEGA, no que meteu todo o que tiña que ver coa informática na Xunta. A través de esta axencia opaca dedicáronse a externalizar o traballo que viña a facer o persoal informático propio da Xunta. A AMTEGA, onde persoal propio é a excepción.

Mentres os traballadores das contratas externas reciben soldos nin mileuristas... é incluso algúns están con becas FEUGA...

Desde a CIG esiximos a Xunta de Galiza que nos indique o total de persoal externo que está a traballar para AMTEGA.  E que na OPE do 2017 se oferten eses postos.

1 comentario:

  1. Apuntes que nos achega un compañeiro:


    E aínda é mais, moitos compañeiros están a desenvolver funcións e tarefas distintas as da convocatoria das oposicións.


    E aínda é máis, compañeiros de distintos grupos están a desenvolver o mismo tipos de tarefas, como por exemplo persoal dos grupos B e C fan xestión de proxectos.


    E aínda é máis, a AMTEGA saca concursos de nos que solicita persoal con determinadas certificacións e non se preocupa de formar o persoal propio. E incluso a CNTG ten restrinxido o acceso á formación do persoal da AAPP.


    E aínda é máis, as contratacións perpetúanse con determinadas empresas porque non permite que persoal propio adquira esas competencias e responsabilidades, por exemplo o CXR o CSI.


    E aínda é máis, creánse as chamadas 'Oficinas Técnicas' sin persoal propio perpetuando ese tipo de contratacións.

    ResponderEliminar