Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

martes, 28 de xuño de 2016

Publicados os resultados definitivos das probas de avaliación en competencias clave

Hoxe día 28-06-2016 publicáronse na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria os resultados definitivos das probas de avaliación en competencias clave celebradas o pasado día 21-05-2016, seguindo o anexo II da resolución de convocatoria das probas de competencias clave do 26 de febreiro de 2016 da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.

No portal de competencias da Consellería de Economía, Emprego e Industria, onde consta  toda a información sobre o procedemento http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-competencias-clave, habilitouse un “Buscador de Notas” onde introducindo o DNI/NIE as persoas poden consultar si están apto nas competencias clave as que se presentaron.

Os resultados positivos de APTO obtidos nas probas realizadas, comunicaranse ao Servizo Publico de Emprego para que conste no expediente individualizado de todas as persoas que aprobaron as competencias clave aos efectos das xestións que se realicen nas oficinas de emprego.

Para calquera dúbida contactar co Instituto Galego das Cualificacións, servizo de observatorio ocupacional 981.546844/981.541562.

Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario