Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

martes, 28 de xuño de 2016

Noraboa aos premiados: outros 450.000€ en convenios cos medios para facer propaganda

No DOG do 21 de xuño, publícanse os convenios da Consellaría de Medio Ambiente durante o primeiro cuadrimestre deste ano. Destacan estre estes, dez convenios de "colaboración" coa prensa galega, por valor total de 350.000€. E entre eles, cun total de 244.740 €, leva o primeiro premio La Voz de Galicia S.A., sendo segundo Faro de Vigo, S.L.U.,a  moita distancia, con 43.480,00 €

Desta volta, chama a atención que na descripción do obxecto dos convenios aínda se detalla bastante para o que é costume no país, aínda que están todas clavadas como X (entre 1 e 14) "actuacións divulgativas e informativas, onde aparezan destacadas aquelas estratexias ou iniciativas relacionadas co urbanismo responsable, a ordenación do territorio e as novidades que supón a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, para a protección e coidado do litoral e a paisaxe galega, e que contribúan á información e sensibilidade da cidadanía galega"; a máis actuacións, máis pasta.  Nestas actuacións gaña a Voz con 14 actuacións publicitarias por valor de 94.740,00 €, seguido polo Faro con 5 actuacións por 43.480,00 €, máis caras en proporción.

E logo, pecha La Voz de Galicia, S.A. coa guinda de "Colaborar na elaboración, maquetación, publicación, divulgación e difusión dun suplemento mensual de información relacionada con temas de ambiente da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio" por 150.000€ a colaboración

Por outra banda, no DOG do 22 de xuño, vemos que a Consellaría do Mar volve ao clásico do convenio coa Televisión de Galicia, S.A., desta volta coa cantidade de "até un máximo de 100.000€"  supoñemos que para botar algún deses programas de Mar porque a verdade é que na información publicada non di absolutamente nada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario