Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 2 de xuño de 2016

24 e 31 de decembro: Política Social na súa liña de roubarlle ao seu persoal

O SUBDIRECTOR XERAL DE PERSOAL, EDUARDO MATO, ENVIOU AOS CENTROS DE TRABALLO DE POLITICA SOCIAL UNHA INSTRUCCIÓN QUE SEGUINDO NA SUA LIÑA, ROUBA DESCARADAMENTE OS DOUS DIAS A MAIORES QUE ESTABLECE O ACORDO DE PERMISOS, LICENZAS E VACACIÓNS PUBLICADO NO DOG.

Este señor, tivo a brillante idea de deixar en 6 dias de asuntos propios ao persoal de Política Social, mentras que todo o resto do persoal da Xunta de Galicia vai desfrutar de 8 dias. Ao mesmo tempo, mentres o persoal funcionario que traballa nos rexistros, que abren os sábados, poderan desfrutar de 2 dias mais de conpensación, é decir, 10 dias, como é de xustiza, o persoal de política social que traballe o 24 e 31, tera como compensacion dous dias a maiores, esto é, terá 8 dias, dous dias menos que o persoal do resto da xunta que traballe esos dous dias.



A CIG NON IMOS CONSENTIR QUE UNHA VEZ MAIS SE NOS NINGUNEE, SE NOS ASOBALLE E SE NOS ROUBE. A NOSA ASESORIA XA ESTÁ A ESTUDAR  AS ACCIÓNS LEGAIS PARA IMPEDIR QUE UNHA VEZ MAIS A CONSELLERIA DE POLITICA SOCIAL, CON JOSE MANUEL REY VARELA Á CABEZA, E O RESPONSABLE DE PERSOAL, EDUARDO MATO, ROUBEN OS NOSOS DEREITOS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario