Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

martes, 28 de xuño de 2016

Proposta de supresión, refundición e ordenación das categorías de persoal laboral da Xunta de Galiza


Por que lle chaman reordenar cando queren dicir amortizar?

En febreiro de 2015 mandaron de Función Pública a primeira proposta de reordenación dos grupos I e II e hai quedou o tema. Logo moitas Mesas ou xuntanzas, onde "en vindeiras semanas" mandaremos proposta de todos os grupos e circunscribían esta reordenación preiva á realización do concurso; nalgún momento chegaron a ceder e dicir que podían facelo complementariamente á negociación das bases do concurso.

Un ano e medio máis tarde veñen cos grupos IV e V, cunha proposta sen nengún tipo de explicación ou memoria económica, en algún caso o documento é incomprensible ou ten máis de unha lectura, cando non as consellerías están a ter reunións coas organizacións sindicais para tratar temas de categorías profesionais diferentes a que propón Función Pública ou cousas tan subrealistas como que na lei emprego público creen a escala de servizos sociais sin categoría de Aux. clínica e agora propoñen a súa funcionairzación, sic.

Chamádenos desconfiad@s pero cremos que todo isto é fume e unha forma de distraernos e non reivindicar o que é importante, que as cousas non funcionan, os concursos non van, os procesos selectivos tampouco, o convenio coelctivo segue recortado, conxelado e reiteradamente incumprido, e agora veñen con convocar só o concurso de persoal laboral grupo IV e V antes de que acabe a OPE 2016..

Ollo tamén porque segundo os dados que nos manda Función Pública, nesta proposta, no grupo IV hai .1166 postos vacantes e no grupo V 624 e "casualmente" non dan dados dos postos ocupados e vacantes das categorías de camareiro/a limpador/a nin de limpador/a.

Estamos a falar que só nos grupos IV e V existen a día de hoxe 1.790 postosvacantes máis as das categorías 001 (tendo en conta a OPE 2016 como mínimo 152 vacantes) e 011, co que publicar unha OPE de 506 prazas é unha tomadura de pelo.

Calquera negociación ten que pasar pola reposición do 100% de efectivos e pola convocatoria de un concurso de traslados xeral para todo o persoal laboral, así como polo cumprimento dos procesos selectivos de OPEs pendentes; o resto é facerlle o xogo ao PP en pleno período electoral e de cara as eleccións á Xunta. Estamos a falar de que ofertan como moito o 26% das prazas vacantes dos grupos IV e V e o 0% das vacantes dos demais grupos; visto o documento que mandan non semella que só haxa 152 vacantes no 001 e ningunha no 011.

A proposta de Función Pública consiste en:
  • Suprimir aquelas categorías nas que non existen traballadores ou soamente hai persoal interino.
  • Extinguir aquelas categorías que se van a manter ata que o persoal que a ocupe a abandone por xubilación ou por cambio de categoría mediante o concurso.
  • Refundición de categorías: agrupar varias categorías nunha soa.
  • Categorías a funcionarizar.
 E viva a privatización!

Ningún comentario:

Publicar un comentario