Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

xoves, 16 de xuño de 2016

Promoción interna corpos xerais: publicadas as primeiras notas; restantes exames A1 e C2

No DOG de 16 de xuño publicáronse os primeiros acordos dos tribunais que teñen que avaliar a promoción interna dos subgrupos C2 e C1 polo que se publican as notas dos primeiros exercicios. Estes acordos xa levaban desde finais da semana pasada na páxina web de Función Pública.

Moi importante, o prazo de 10 días de prazo que se abre a partir do día seguinte non só para presentar alegacións, senón tamén para presentar a documentación complementaria de estar en posesión do nivel de Celga 3 e 4, respectivamente. De non presentar esta docuemntación en prazo, non haberá lugar a librarse do 3º exercicio, o de galego. 

Da promoción interna dos grupos A2 e A1, aínda están pendentes de colgar da páxina web, as notas do primeiro exercio. En calquera caso, e respecto aos restantes exercicios xa colgaron as datas previstas tamén para o A1 (segundo na 2ª quincena setembro; terceiro na 2ª quincena de novembro) e C2 (2ª quincena xullo) ; no resto seguen vixentes as previsións feitas públicas en maio: C1 (1ª quincena xullo)  e A2 (2ª quincena xullo).


Ningún comentario:

Publicar un comentario