Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 6 de xuño de 2016

Aberto o prazo de matrícula para os cursos de nivel superior de linguaxe administrativa galega

O prazo remata o vindeiro 11 de xuño

A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria -a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística-, convoca cinco cursos de nivel superior de linguaxe administrativa galega para persoal ao servizo de distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia.

O número de prazas por curso será de 30, salvo o curso destinado a empregadas e empregados públicos ao servizo da Administración autonómica de Galicia, impartidos nas modalidades de teleformación e presencial, que conta con seis edicións e, polo tanto, con 180 prazas.


Para matricularse no curso deberá cubrirse o formulario de matrícula telemática da páxina http://egap.xunta.es/matricula

Ningún comentario:

Publicar un comentario