Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 23 de xuño de 2016

Comisión seguimento xubilacións parciais anticipadas 21/06/2016

A orde do día e o seu desenvolvemento:

1.Debate e estudo da posibilidade de modificar o apartado segundo da instrución cuarta das instrucións para o acceso á xubilación parcial e contrato de remuda, no relativo á posibilidade de empregar as listas do Decreto 37/2006, no suposto de renuncia do remudista


Nesta semán FP recabará opinión das distintas consellarías e, posiblemente, a fins da mesma haxa unha resposta favorable que permita a inmediata modificación da instrución cuarta para o emprego das listas do decreto 37.

2.Debate e estudo da posibilidade de tras a xubilación ordinaria do titular da praza, a persoa remudista continúe prestando servizos.
 
A administración alega a imposibilidade xurídica desta opción xa que o ET regula o contrato do remudista que ten que estenderse ata a data da xubilación ordinaria do titular como así consta en dous apartados do seu contrato de traballo; ademais, de darse este suposto, abriríase a posibilidade de recurso por fraude de lei na contratación e a súa transformación en indefinido non fixo.

3.Debate e estudo da denegación da Seg.social á xubilación parcial do persoal laboral temporal.

Ata o de agora houbo catro xubilacións parciais anticipadas de traballadores temporais non fixos. A dirección provincial do INSS en Lugo, diante da presentación dun expediente de xubilación parcial anticipada dunha traballadora con contrato de interinidade, 410, negou o seu dereito co literal “...ha informado a la trabajadora que no cumple los requisitos de acceso a la jubilación parcial pretendida al estimarse que los trabajadores que prestan servicios en unha administración pública con un contrato de interinidade no pueden acceder a la jubilación parcial desde esta situación” (02/05/2016).

Esta decisión de Lugo foi asumida polas demais delegacións provinciais de Galiza e do resto do estado español polo que a partires de agora tódalas peticións de xubilación parcial de traballadores e traballadoras que non teñan a condición de laborais fixos serán rexeitadas.

As OO.SS estudaremos a posibilidade de manifestar unha discrepancia conxunta, diante da dirección xeral do INSS, por entender que tódolos traballadores teñen os mesmos dereitos con independencia da súa relación contractual.

Agora mesmo, diante desta negativa o/a traballador/a deberá recorrer ao Xulgado do social.

Ningún comentario:

Publicar un comentario