Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 4 de agosto de 2016

Devolución en agosto do cacho da paga extra de xuño de 2013 gañado nos xulgados

Con data de 1 de agosto, a Consellaría de Facenda ditou instruccións para a devolución da parte devengada (xaneiro e febreiro) do complemento específico (ou equivalente para persoal laboral) da paga extra de xuño de 2013. O dito importe será devolto de oficio coa próxima nómina do mes de agosto; de oficio pero non tras pouco esforzo.

O procedemento para a devolución será similar ao da devolución dos diversos cachos da paga extra de decembro de 2012 e só o persoal que non estea en servizo activo ten que solicitar expresamente a súa devolución mediante o modelo anexo ás instrucións. Descargar instrucións.

Por outra banda, estaba previsto que coa nómina de setembro se abonase o 25% do que falta da paga extra de decembro de 2012, de acordo coas instrucións ditadas o 29 de marzo. Porén, as instrucións ditadas o 1 de agosto modifican as anteriores e indican que devolverán esta cantidade tamén en agosto.

Por que agora? Curiosamente o mesmo día no que se anunciou a convocatoria de eleccións autonómicas ditanse as instrucións. A devolución do último cuarto da paga extra de 2012 en principio non se cobraría ata despois das eleccións, así que deste xeito quedan cubertos todos os flancos. Podería telo abonado en setembro, aínda estando en funcións que a lei está publicada no DOG, pero todo seña por rascar algún voto adicional entre o persoal público.

Novas relacionadas: 

  • Publicada no DOG a Lei da paga extra 2013 ou Lei "Pepe Gotera e Otilio"

    Ningún comentario:

    Publicar un comentario