Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

luns, 10 de outubro de 2016

341.000 € para animar a natalidade nos medios de comunicación

No DOG do 10 de outubro publícase a relación de convenios de colaboración suscritos pola Consellaría de Política Social no segundo cuadrimestre deste ano. Entre outras cuestións, figuran un total de 341.000 € destinados para "accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación".

O premio gordo, como xa é habitual, lévao Corporación Voz de Galicia, S.L.U., con practicamente 150.000 €, seguido en segundo lugar polo Faro de Vigo con menos da metade, 68.373 €. A bastante máis distancia atópanse Progreso de Lugo, S.L. e La Región con 25.000 € e 21.000 € respectivamente. Tamén atopamos diversos convenios coas radios de implantación galega de entre 700 e 4.000 €.

Outra volta, moita colaboración non vemos, máis aló de a consellaría paga e o medio difunde unha campaña de publicidade institucional. En calquera caso, como só publican o nome do convenio, empresa beneficiaria e custo, non podemos detallar máis información. Por último, queremos chamar a atención sobre o dispendio dos cartos públicos deste tipo de gastos e a falta de efectividade que supoñen; uns cartos que poderían ir destinados, por exemplo, a algo máis tanxible en "fomentar a natalidade" como é mellorar a rede pública de escolas infantís galegas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario