Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 28 de febreiro de 2017

Igualdade, para que?: "As mulleres non queriamos igualarnos en precariedade"

O informe sobre a situación laboral das mulleres en 2016 deixa un desolador panorama para o futuro. Descargar informe


A secretaría das Mulleres da CIG presentou este venres o Informe sobre a situación laboral das Mulleres en 2016 baixo o título “Igualdade, para que?”, no que se constata que as mulleres que foron quen de saír do desemprego “fixérono en condicións precarias, en ocupacións flexíbeis e informais, con contratos a tempo parcial ou temporais, subcontratas ou mesmo empregos que carecen de protección social”.

Así o denunciou a secretaria das Mulleres da CIG, Margarida Corral, quen chamou a atención sobre o feito de que unha das “nefastas” consecuencias das reformas laborais e do resto de políticas postas en marcha para saír da crise foi que tamén o colectivo masculino está agora a sufrir a precariedade que antes caracterizaba o emprego feminino. Un feito que “se utiliza para pretender convencernos dunha mellora na igualdade entre homes e mulleres que non é real, nin unha conquista social, nin un trunfo das poucas políticas de igualdade existentes”.

venres, 24 de febreiro de 2017

Publicación da actualización provisional de méritos de 2016 das listas de contratación

Segundo información da Dirección Xeral de Función Pública, o vindeiro martes 28 de febreiro publicaranse no DOG as resolucións de actualización provisional de méritos correspondentes ao ano 2016 e a de apertura e peche de determinadas listas de contratación para a incorporación de novas solicitudes (solicitudes de inclusión até o 15 de  xullo).

Respecto das listas abertas en período excepcional no mes de novembro das categorías de xefe/a de cociña e camareiro/a-limpador/a, Función Pública aínda non nos informou da data na que se publicarán as listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as.

Modificación de xornada de Entroido: martes 28 de febreiro e mércores 1 de marzo

Tal e como todos os anos, saca a Xunta, cun par de días hábiles de antelación, a tradicional resolución anual de modificación de xornada para luns e martes de entroido (festivo local en moitos concellos).

En teoría, a dita modificación está dirixida a todas as empregados e empregadas públicas da Administración xeral e consiste nunha redución de xornada de 1:15 á partires das 14:00h o martes e de 1:15h ata as 9:00h do mércores. A esta redución habería que aplicarlle as peculiaridades do réxime de flexibilidade horaria tal e como figura no comunicado da Dirección Xeral da Función Pública.

Aínda que non indica nada na comunicación, e dado o contido desta, enténdese que esta modificación só opera para o persoal que teña horario de réxime xeral, con ou sen algún tipo de flexibilidade horaria. Así pois, non se lle aplica ao persoal con réxime de quendas, ao que como no caso do horario de verán, non se lle compensa de ningún xeito esta redución horaria, sufrindo un claro prexuízo.

xoves, 23 de febreiro de 2017

Perdón por molestarlle a sesta, Sr. Director Xeral da Función Pública

Na última reunión co director xeral da Función Pública, e ante as queixas do persoal, preguntouselle polos procesos selectivos pendentes e polos concursos de traslados. A resposta non puido ser máis desesperante, aínda que na liña habitual: "nas vindeiras datas iranse resolvendo os procesos selectivos pendentes de resolución e convocarán os pendentes de convocatoria"

Só lle faltou comentar "nas mellores salas, proximamente". Está claro que a nosa Administración non é das mellores salas para estrenar nada do que se refira a xestionar os dereitos de mobilidade, acceso ao emprego público e promoción profesional do seu persoal. Todo é escurrir o vulto, e así vai pasando o tempo, sen unha mínima planificación, sen un maldito cronograma. Se sacan algo ben, e se non pois "potestade organizativa da Administración". É terribel que esto suceda nunha Administración que se diga "moderna". Perdón, por molestarlle a sesta, casi lle temos que dicer ao director. E así ata para os asuntos xudicializados, coma no caso de delineantes, que "van agardar que cheguen máis sentenzas para ver que fan".

Oferta Pública de Emprego Precario na Xunta: 7 bolsas de "formación"

A falta da formalización da Oferta de Emprego Público para 2017, na Xunta xa van adiantando traballo (en precario) e convocando varias bolsas de "formación" que agocha un abuso laboral para cubrir a falta de persoal propio.

No DOG do 17 de febreiro convocávanse 4 bolsas para traballar na Dirección Xeral de Comercio e Consumo. Perdón, na teoría, para "formarse en temas de comercio". Son as 4 bolsas que convocan todos os anos para suplir a falta de persoal propio nunha unidade administrativa que actualmente conta con 14 traballadoras e traballadores. Un pouquechiño desproporcionado de máis a ratio de bolseir@ para o cadro de persoal e que indica unha necesidade estrutural de persoal desta dirección xeral.

A Xunta de Persoal demándalle a Xunta transparencia coas sentenzas de indefinición

A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais dirixiu escritos ás distintas secretarías xerais técnicas solicitando información dos últimos datos derivados das sentenzas de indefinición en base a demandas xudiciais de subcontratación ilegal nas que se condena á Xunta.

Non é a primeira nin a última vez, xa se ten denunciado publicamente a falta de transparencia neste tema, mesmo ante a Valedora, así como a nula esixencia de responsabilidades como recolle a lei. A continuacións damos conta dos escritos dirixidoas ás secretarías xerais técnicas das distintas consellarías esixindo información:

A Xunta de Persoal solicita unha reunión sobre o malestado do edificio de San Caetano

A degradación e avellentamento dos edificios do antigo cuartel de San Caetano (hoxe en día Bloques 1-2-3) das dependencias administrativas da Xunta de Galicia faise patente no día a día do traballo do personal que presta os seus servizos nestas dependencias.

Desconchamentos por humidades, filtracións de auga, desprendementos da fachada, ventanas que filtran aire, baños desvencellados e en xeral un mal estado de gran parte do edificio xa foron denunciados por esta Xunta de personal en anos anteriores.

Por outro lado temos o problema do mal estado xeral dos sotos, agravado pola presenza de gas RADÓN (tema xa demandado desde o Comité de Saúde Laboral sen que se fixera nada) que pode ser mitigado, aproveitando esta intervención, cunha reforma das placas dos sotos e a aplicación de aillantes específicos.

martes, 21 de febreiro de 2017

Concentracións contra o feminicidio mércores ás 20 horas

A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego para este MÉRCORES 22 DE XANEIRO, ás 20:00 horas, en repulsa ao asasinato de María José Mateo García, en Redondela.

Desde a Confederación Intersindical Galega unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega contra este feminicidio. Que o silencio non nos faga cómplices. Ningunha agresión pode quedar sen resposta.

CONCENTRACIÓNS ás 20 horas
  • A Coruña, Obelisco
  • Compostela, Praza 8 de marzo /Porta do Camiño
  • Ourense, Castañeira
  • Pontevedra, Audiencia Provincial

venres, 17 de febreiro de 2017

A EGAP convoca 255 actividades formativas para o persoal da Xunta de Galiza

A EGAP publica no DOG do 17 de febreiro a primeira convocatoria de actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma galega. Nela ofértanse un total de 255 actividades formativas e 9738 prazas (ver anexo II da convocatoria).

O prazo de matrícula vai desde as 8 horas do 18 de febreiro ata as 14 horas do 27 de febreiro. O número máximo de solicitudes por persoa será de seis cursos. As solicitudes fanse exclusivamente a través de http://egap.xunta.gal/matricula

xoves, 16 de febreiro de 2017

Nace Alberto II, futuro presidente da Xunta

Agárdase que cumpra coa tradición popular de herdar os cargos institucionais do seu proxenitor.


O fillo de Alberto Núñez Feijoo naceu onte nunha clínica privada da Coruña a pesar de que o presidente da Xunta dixera en campaña que “el mejor sitio para parir era un hospital público”.

“Nosotros no hacemos distinción entre público y privado. De hecho lo público puede ser privado mañana”, declararon fontes do Partido Popular de Galicia mentres rían entrelazando os dedos das mans.

A nova lei de emprego público de Galiza dispara as comisións de servizo na Xunta

Os datos son esmagadores: móvese máis xente a través das comisión de servizo que nos escasos concursos de traslados; ao final o extraordinario convértese en ordinario e viceversa.

As causas de tal distopía atopámola nunha mala regulamentación das comisións de servizo, na escasa convocatoria de concursos de traslados e na aplicación da nova lei de emprego público.

Da mala regulamentación das comisións de servizo xa temos falado extensamente; unhas instrucións de 2006 (modificadas posteriormente no 2008) que o único criterio obxectivo que establece é a prioridade para cubrir os postos temporalmente polas persoas que pertenzan á mesma unidade. En calquera caso, a ausencia dunha boa regulamentación, ou a burla desta coas míticas comisións cruzadas, non xustifica que se aplique a arbitrariedade no caso da discrecionalidade e que non se motiven as resolucións, non se fagan públicos os baremos nin as adxudicacións, provocando unha enorme indefensión nas persoas participantes, por non falar da vulneración de importantes principios do acceso aos postos públicos.

Seixo: "É o momento de presionar coa mobilización social para que se derroguen todas as contrarreformas impostas"

A CIG mobilizouse en demanda da recuperación dos dereitos laborais e sociais roubados coa escusa da crise

mércores, 15 de febreiro de 2017

Borradores das convocatorias de oposicións de consumo-C1, finanzas-A1 e veterinaria-A1

Achéganos Función Pública os borradores das convocatorias de varios procesos selectivos para o envío de alegacións antes do luns, 20 de febreiro; outra cousa é o que fagan con elas.

Botamos tamén en falta información sobre os procesos actualmente en marcha e previsións para outros procesos ofertados de cuxa convocatoria nada se sabe, como as de persoal laboral ou axentes medioambientais. De momento, aquí vos deixamos os borradores:

martes, 14 de febreiro de 2017

Cambios nalgúns permisos para o persoal da Xunta a golpe de sentenza xudicial

No DOG do 13 de febreiro de 2017 publícase unha modificación das instrucións de vacacións, permisos e licenzas (DOG do 4 de marzo de 2016).

A dita modificación vén imposta por sentenza xudicial do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) que ditaminou como ilegal a redación actual con relación a limitación do exercicio de dous permisos: o de enfermidade grave e/ou hospitalización dun familiar e o de redución de xornada con retribución por atender ao coidado de fillos/as menores de idade.

luns, 13 de febreiro de 2017

Abre o prazo para solicitar o recoñecemento médico anual 2017

O martes 14 de febreiro comeza o período de inscrición da campaña de vixilancia da saúde para o ano 2017, que rematará o 15 de marzo, con carácter xeral.

No DOG do día 13 de febreiro publícase a convocatoria para anotarse, de xeito voluntario, aos recoñecementos médicos periódicos.

A campaña de vixilancia da saúde está dirixida a todas as traballadoras e traballadores da Xunta de Galiza, agás ao persoal que presta servizos nos centros docentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ao persoal e centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e ao persoal de entes públicos e fundacións.

venres, 10 de febreiro de 2017

Publicados os Orzamentos para 2017 e se non che gustan, a xogar ao bingo

No DOG do 9 de febreiro publícanse os Orzamentos galegos para 2017 que foron aprobados este luns, 6 de febreiro, no Parlamento pasando o rodete da maioría absoluta do PP.

Cambios, escasos ou nulos, no que nos afecta como traballadoras e traballadores do público. O que xa estaba anunciado 1000 veces: recuperación do complemento específico (ou equivalente para o persoal laboral) nas pagas extraordinarias. O resto de retribucións igual que no 2016, a espera do que faga a Administración Xeral do Estado, cando se aproben os seus orzamentos.

Neste sentido, foi anunciado tamén 1000 veces unha suba do 1% que aplicaría, aquí si recoñecido de xeito retroactivo con data de 1 de xaneiro, independentemente de cando finalmente entren en vigor os novos orzamentos. Iso si, do recorte do 5% no 2010 que fai que as pagas extras do persoal funcionario non sexan o dobre dunha normal, deso, nada de nada. Cuan grande é a recuperación económica, canto menos, para as persoas máis ricas....

A maquiavélica decisión da Xunta para aforrarse os cartos de 4.000 despedimentos

Mentres estes días se fala moito das indemnizacións do persoal interino, as Administracións públicas vanse cubrindo as costas, en previsión dunha posible avalancha de indemnizacións. É o caso da Xunta de Galiza. O Goberno de Alberto Núñez Feijóo anunciou que vai aprobar a transformación de miles de traballadores laborais temporais e indefinidos en persoal funcionario interino. Isto que a primeira vista parece unha excelente noticia para estes traballadores é en realidade unha “xogada maquiavélica”.

O que vai facer a Xunta é cesar a miles de empregados temporais sen indemnización” Isto é, transformando os seus contratos de persoal laboral non fixo en persoal funcionario interino. A sentenza europea ten aplicación directa sobre o persoal laboral temporal, que terían dereito de indemnización, algo que non está claro no caso do persoal funcionario interino. Despois de pasar dun status a outro, en dous ou tres meses, pode haber un concurso de traslados (ou toma de posesión de procesos selectivo) que suporía quedar na rúa se un persoal funcionario de carreira pide o posto que ocupan, sen compensación algunha polos anos traballados anteriormente.

Sentenzas de indefinición na Xunta: cantas?, onde?, como? e por que?

A lacra do acceso á Función Pública por un procedemento chamémoslle irregular, derivado dunha sentenza xudicial non é novo na Administración Pública.

Xa dende o inicio da Administración autonómica téñense dado centos de relacións fraudulentas de traballo que remataron nunha  relación de indefinición na que a Xunta de Galiza, ben por activa ou ben por pasiva, deixaba a creación de moitos postos non nas mans do persoal de recursos humanos senón no bo entender dun xulgado do social.

Este cúmulo de desprósitos de xestión, enchufismos e malas praxis de política de personal, ten xerado frecuentes preocupacións no personal público que accedeu por un procedemento público, competitivo e reglado.

Porén, ten tamén outra óptica que non convén esquecer:  na privatización, ao final, o barato sae máis caro, e que a maioría de persoal subcontratado están nunha situación de precariedade laboral.

xoves, 9 de febreiro de 2017

Recuperación dos dereitos: mobilización do 15 de febreiro en Compostela

Como continuación da campaña que estamos a desenvolver como CIG pola "RECUPERACIÓN DOS DEREITOS" o próximo dia 15 de febreiro a nosa central sindical ten convocados os seguintes actos en Compostela:

-. Ás 18:00 h. Asemblea de Delegadas/os (o local esta pendente de confirmar).

-. Ás 20:00 h., con saida da Praza Roxa, MANIFESTACIÓN comarcal pola "recuperación dos dereitos".

Lembrade que esta campaña vai encamiñada, entre outras cuestións, a procurar a derogación das duas últimas contrarreformas laborais, a derogación da reforma das pensións, recuperación do poder adquisitivo, derogación da LOMCE, Lei 'Mordaza', decreto de plurilinguismo, etc.. Dada a importacia desta mobilización é impresindíbel que todas e todos fagamos os máximos esforzos tanto na rúa como nos centros de traballo para conseguir que a xornada do día 15 signifique unha importante mobilzación social en Compostela.

luns, 6 de febreiro de 2017

A CIG-Área Pública reitera, fronte ao Parlamento galego, a súa oposición aos orzamentos da Xunta para este ano

Denuncia a situación de “indefensión” do persoal laboral fixo e temporal cos cambios introducidos a través da Lei de Medidas.


Fronte estas medidas continuístas, a CIG-Área Pública esixe rematar coa taxa de reposición e coa temporalidade, que por parte da administración se fagan plans de consolidación de emprego, e que se elabore unha OPE con todas as vacantes, incluídas todas aquelas necesarias para repoñer os servizos públicos, cando menos ao nivel que tiñan no ano 2010.

xoves, 2 de febreiro de 2017

Datos das comisións de servizo nos últimos meses

Achegamos datos das comisións de servizo dos meses de decembro de 2016 e xaneiro de 2017. No arquivo descargable vai información sobre os postos que nestes dous últimos meses estiveron sometidos nos procesos de comisións de servizo ou adscricións. Descargar

Así a bote pronto, van baixando as comisións (191)  respecto aos datos anteriores e voltan a repuntar as prórrogas (233), sendo as adscripcións e revogacións cáseque intrascendentes (4 e 15 respectivamente).

O caso é que como pouco temos na Xunta de Galicia 1.200 personas fóra de posto, e iso sempre xustifica mínimo un concurso anual e moito mellor un concurso permanente.

A voltas cos temarios de oposicións da EGAP

Recentemente a EGAP vén de comunicarnos que non publicará a parte específica do temario da oposición de Gardacostas. Ademais, seguen insistinto que os temarios non teñen carácter oficial, nin son vinculantes e pouco menos, que os poden publicar cando lles dea a gana, que para iso son das poucas escolas que publican algo e que non teñen orzamento para iso.

O pouco compromiso co tema da elaboración dos temarios que naceu aló por agosto de 2009, execútase agora con desgana e nula achega económica. Co cal, o único que acaba saíndo son refritos de temas xerais que non teñen ningunha oficialidade para os procesos selectivos. Demandamos uns temarios de calidade, tamén en galego, publicados en tempo e vinculantes. Debe ser parte da EGAP como servizo público de formación a cidadanía, en xeral, e as empregadas e empregados públicos, en particular, nos procesos de promoción profesional.

Concentración no Parlamento, luns, 6 de febreiro: en defensa do emprego público na Galiza

O luns, 6 de febreiro, con motivo da votación dos Orzamentos 2017 terá lugar unha concentración fronte ao Parlamento en defensa do emprego pública na Galiza.


A perda de emprego público como consecuencia da taxa de reposición de efectivos


Na década dos anos 80, as Administracións Públicas fixeron unhas políticas de contratación de persoal ao seu servizo expansivas, para dotar á cidadanía de máis e mellores Servizos Públicos (por exemplo na Oferta de Emprego Público do Estado do ano 1986 fora de aproximadamente 29.000 persoas).

Dende os anos 90 as Ofertas de Emprego Público Público incluían unha Taxa de Reposición de Efectivos, na que se limitaba o acceso de novos efectivos a respeito das baixas que se producían cada ano.

Case 4.000 traballadores da Xunta poden ser despedidos sen indemnizacións

LUNS 6 CONCENTRACIÓN DIANTE DO PARLAMENTO DE GALIZA

Non é só a Lei de Acompañamento o que se vota este luns 6 no Parlamento. Son tamén todas as barbaridades antilaborais que ​esta Xunta Dictadora quer facer, cando lle entregal aos sindicatos unha relación de supresión, extinción, refundición e mantenmento de todas as Categorías ​do Convenio Colectivo do Persoal Laboral SEN NENGUN CRITERIO.

A EGAP publica o Plan de formación e o programa de autoformación para o ano 2017

No DOG do 02/02/2017 publícase o Plan de formación e o programa de autoformación para o ano 2017 do persoal das administracións territoriais, institucionais e entes instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como do persoal da Administración de xustiza de Galicia e da administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas.

Publicados os acordos da Comisión de Listas no portal web da Xunta

Función Pública ven de publicar no portal web da Xunta de Galicia un resumo que inclúe todos os acordos da Comisión Permanente de listas de contratación que son de interese xeral para as persoas anotadas en listas, e que se irá actualizando cos novos acordos que se adopten na Comisión.

Podes consultar o contido navegando no web nos seguintes pés de páxina:

A CIG exixe a convocatoria da Mesa Xeral de Negociación das Administracións

A central vén de transmitirlle á Secretaría de Estado de Función Pública o seu malestar pola falta de información


A Área Pública da CIG vén de transmitir a súa protesta e malestar a Elena Collado, secretaria de Estado de Función Pública, dependente do Ministerio de Facenda, pola “falta de comunicación e información” que ten a CIG malia ter presenza na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas e nas distintas mesas de negociación sectoriais.

mércores, 1 de febreiro de 2017

Presentada unha PNL no Parlamento polo aumento do tempo de traballo do persoal fixo descontinuo do SPDCIF

Delegadas/os da CIG de Medio Rural piden mellorar as condicións laborais no servizo de extinción de lumes


Delegados e delegadas da CIG de Medio Rural rexistraron este luns, día 30 de xaneiro, unha Proposición non de Lei (PNL), dirixida aos catro grupos parlamentares en demanda dunha mellora das condicións laborais para os traballadores e traballadoras fixos descontinuos de tres meses do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF).