En Compostela prohíbese a xuntanza de persoas non convivintes salvo na Xunta onde podemos estar no número que sexa e sen mascara.
O xoves, 22 de outubro, toda Galiza entrou en fase dous o que implica fortes limitacións na vida diaria (máximo reunións de 5 non convivintes, entre outras). Nalgúns concellos agravan estas limitacións e pasan a nivel vermello (Compostela entre eles) e outros teñen confinamento perimetral. A pesar de todo iso, a Xunta segue sin implantar o "teletraballo COVID" para o seu persoal e actualmente só o contempla en supostos de "peches de centros escolares" ou "persoas sensibles". As concretas restricións pódense consultar nun DOG bis publicado o mércores a última hora.
Parécenos dunha irresponsabilidade inescusábel someter ao persoal que actualmente pode prestar os seus servizos en réxime de teletraballo (e cuxa presencia non resulta necesaria de xeito continuado) obrigalo a desprazarse a centros de traballo (moitas veces en concellos con peor situación sanitaria) onde a única medida de protección que presta a Xunta actualmente son mamparas, xel hidroalcólico e frechas no chan.





