xoves, 3 de decembro de 2015

Política Social segue pasando polo arco do triunfo as sentenzas do TSXG


Reunirse coa representación do persoal non equivale a negociar.
O Comité de Empresa de Política Social da Coruña con data 25 de Novembro de 2015 trasladaba un escrito á Xefatura Territorial é á Secretaría Xeral Técnica co fin de proceder a unha negociación real das quendas de traballo e os seus criterios. Recordamos que este comité ten gañadas tres sentenzas ante o TSXG por incumprimento da Xunta da súa obriga de negociar as carteleiras, a última de outubro deste ano.

Pois ben, recibiron ao comité de empresa o 1 de decembro (o que fan 3 sentenzas do TSXG...). As persoas representantes da consellaría din o seguinte:

  • As "X" nas carteleiras non responden a ningunha compensación nin computan na xornada, son unha incógnita, un fenómeno estraño ou un invento sen explicación para cortar xornadas de mais de cinco días seguidos, non entran en computo e non se sabe si cando se pidan licenzas, vacacións ou permisos hai que saltalas ou non.
  • As compensacións de domingos e festivos non se contemplan.
  • Do reparto de festivos reais en carteleiras non os garanten.
  • Descanso entre xornadas 36 horas si media un festivo, 48h si median os libres.
  • Noites procurarán non mais de dúas seguidas.
  • Fins de semana alternos.
  • Non mais de cinco xornadas consecutivas.
  • 24 e 31 daranllos a quen os traballe.
  • Traballadores de fin de semana non terán tampouco compensacións.
En resumo, nin hai instrucións, nin clarexan nada.

O Comité ante a negativa da entrega de criterios e instrucións por parte da administración pedira ó secretario xeral que conteste ó escrito que xa obra no seu poder respecto destas cuestións, pide que se inclúa na acta que queren os criterios e instrucións por escrito para facer alegacións fundamentadas, manifesta que non estan de acordo co calculo das vacacións e que están á espera de recibir todas as carteleiras e os criterios. Os prazos seguen abertos ata que reciban os criterios e instrucións e poidan falar coas traballadoras e traballadores para informalos e recibir as súas suxestións.

A CIG NON QUERE ESMOLAS. 

QUEREMOS DEREITOS E CRITERIOS CLAROS PARA FUNDAMENTAR AS ALEGACIONS E PARA ESIXIR OS NOSOS DEREITOS. ESTAMOS DE ACORDO EN QUE AS CARTELEIRAS MELLORAN ALGO PERO NON TEÑEN BASE LEGAL, FUNDAMENTO DE DEREITO NEN CLARIDADE NIN PERMANENCIA. A XUNTA COMPORTASE COMA UN SEÑOR FEUDAL QUE DA OU QUITA SIN CRITERIOS CANDO LLE PETA. REUNIRSE NON E NEGOCIAR E ESTO ESTA DEMOSTRADO POR TRES SENTENZAS DO TSXG, CLARO QUE A SUA RESPOSTA LITERAL A ESTAS SENTENZAS É: MIRA COMO TEMBLO. XA ESTÁ BEN!

Ningún comentario:

Publicar un comentario