Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

venres, 11 de decembro de 2015

Vergonzoso: prezos abusivos na cafetería do Gaiás

Desde que abriu as súas portas a Cantina, sobre todo desde a última concesión, aumentou o trato
Reclamamos prezos xustos na cafetaría da Cidade da Cultura
discriminatorio e as queixas polos prezos abusivos que se cobran ao tomar un refresco ou un café o persoal público da Xunta de Galiza que prestamos servizos na Cidade da Cultura. 

Hai que lembrarlles constantemente que somos traballadoras e traballadores públicos e que se chegou a un "acordo verbal" polo cal o prezo debe ser menor có PVP. En vez disto, cobran ás veces como se se tomase algo nunha das cafetarías máis luxosas e céntricas de Santiago. Escóitanse comentarios dos usuarios deste único bar en máis de 2 quilómetros á redonda como que “queren facer caixa cos traballadores”. Este e outros comentarios polo estilo é habitual oílos.


Outros traballadores denuncian que, como mínimo, lles cobran por medio emparedado 1,65 € e polo café 1,10 €. E a tapa que soen poñer é cuestión de nível ou contactos sociais que se poidan ter. Por outra banda, aínda hai usuarios que se queixan da calidade da comida, totalmente fría e pouco apetitosa; sendo o prezo do menú 9,50€ e a nós 8,65€……

Está claro que se aproveitan dos turistas e da localización, xa que contamos unicamente con esta cafetaría, e que carecen de competencia, sendo a máis próxima a dous quilómetros cen metros. Hai un sentimento xeralizado de estafa e engano. Sempre se di …”Eu non repetirei xamais e ogallá se queden sen clientes”, pero ao  non haber outros sitio onde ir vólvese tarde ou cedo.

O caso é que os traballadores/as da Xunta simplemente solicitamos que as tarifas da Cantina se equiparen coas da cafetería de San Caetano ou mesmo coas dos bares circundantes. Así que agardamos que a Fundación da Cidade da Cultura (e a Consellaría de Cultura e Educación, en úlitmo termo) se faga eco deste malestar transmitido pola Xunta de Persoal.

Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario