Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

mércores, 16 de decembro de 2015

Xustiza convoca 1.644 prazas de auxilio xudicial, tramitación e xestión procesual

Presentación de instancias desde o 12 de xaneiro ata o 1 de febreiro de 2016

Pica na imaxe para ampliar
No BOE do 15 de decembro publicáronse as convocatorias da Administración de Xustiza para o ingreso nos seguintes corpos:

Auxilio xudicial (C2): 752 prazas
Tramitación procesual (C1): 376 prazas acceso libre; 376 prazas promoción interna
Xestión porcesual (A2): 140 prazas (só promoción interna)

Por certo, na distribución territorial non atopamos ningunha praza no noso país, senón en Andalucía, Canarias, Catalunha, Comunidade Valenciana, Madrid, Navarra, País Vasco, A Rioxa e os Servizos Centrais do Ministerio de Xustiza.

O proceso selectivo das prazas de acceso libre de Auxilio e Tramitación Procesual rexerase polo sistema de oposición, sen fase de concurso. Mentres que as prazas de promoción interna rexeranse polo sistema de concurso-oposición.

As bases comúns e os programas que rexen estas convocatorias publicáronse o día 19 de outubro de 2015

Ningún comentario:

Publicar un comentario