Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

luns, 14 de decembro de 2015

Amplíase a duración do horario de verán... na Administración Xeral do Estado

En plena campaña eleitoral, aínda que xa fora anunciado cando a recuperación dos días de vacacións e moscosos por antigüidade, o BOE vén de publicar a modificación das instrucións de xornada e horario laboral do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado.

As dúas modificacións son referentes ao horario de verán e máis a inclusión da reincorporación paulatina ao servizo efectivo tras tratamento de radioterapia ou quimioterapia. A principal crítica é o electoralismo da medida que desde xullo aínda van e a publican agora, precisamente agora. Supoñemos que a Xunta, dado que o ano que vén é ano electoral, fará o propio aquí, que facer electoralismo tamén saben aínda que non teñan máis imaxinación que para copiar, tarde, mal e arrastro o que vén de Madrid.

Para o primeiro caso, temos que esta norma amplía o ámbito temporal de aplicación da xornada de verán para o persoal da Administración do Estado con fillos/as de até 12 anos de idade. Para estes casos, a xornada de verán pasa a se desenvolver desde o 1 de xuño até o 30 de setembro de cada ano (un mes máis do que había até agora).  Resulta moi criticable o feito de que non se ten en conta outras circunstancias familiares como o coidado de persoas dependentes ou con discapacidades, ou mesmo que se fixera unha ampliación universal.

Para o segundo caso, consiste en que a Administración poderá conceder unha adaptación de xornada cando axude á plena recuperación funcional da persona tras tratamento de radio ou quimioterapia ou evite situacións de especial dificultade ou penosidade no desempeño do seu traballo. Esta adaptación podrá extenderse hasta un mes (ampliable por outro) desde  a alta médica e poderá afectar ata un 25% da duración da xornada diaria, preferentemente na parte flexible, considerándose en todo caso como tempo de trabaxo efectivo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario