Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 16 de decembro de 2015

A Valedora do Pobo admite a trámite tres queixas da Xunta de Persoal

A Valedora do Pobo vén de mandar comunicación de que admite a trámite as últimas tres queixas presentadas pola Xunta de Persoal. 

A primeira queixa vai con relación á non cobertura temporal de postos vacantes nos Servizos Centrais por mor de maternidades/paternidades, circunstacias derivadas da conciliación da vida familiar e laboral e outros casos derivados de incapacidade temporal.  + información

A segunda está relacionada coa penalización dos permisos para as persoas que gozan de flexibilidade horaria por motivos familiares. + información

A última ten que ver coa manía da Xunta de abusar do silencio administrativo, onde este órgano de representación denuncia a existencia de 12 escritos presentados entre maio-xuño dos que non obtiveron resposta, nin sequera da súa recepción ou toma en consideración.

Esto último xa non é novo, xa que na anterior Xunta de Persoal denunciarase á Xunta de Galiza porque acumulaba máis de 70 escritos en 3 anos sen dar unha resposta, o que supón un claro abuso da figura do silencio administrativo e do dereito á información e consulta que lle asiste aos órganos de representación. Daquela a Valedora dixo que a Xunta ía emendarse, pois pouco lle durou a promesa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario