Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

mércores, 2 de decembro de 2015

Campaña vixiancia da saúde para persoal de centros de ensino: solicitudes até 10 de decembro

Ábrese o prazo para solicitar as revisións médicas de empresa para o persoal que traballa en centros docentes da Consellaría de Educación. Remata o 10 de decembro.

Mediante a Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 27  de novembro de 2015, autorízase a difusión da campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente e non docente destinado en centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

É aplicable ao persoal docente e  non docente (funcionario e laboral) en activo, que presta servizos nos centros docentes públicos non universitarios, dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.


Temos varias queixas de que na aplicación non están cargados todos os datos do persoal non docente que presta servizo nos centros de ensino. Para calquera incidencia chamar ao 881 99 77 01.

Ningún comentario:

Publicar un comentario