
O xoves, 17 de decembro, celebrouse en Compostela, en xornada de tarde, a MARCHA DAS VELAS POLA DEFENSA DOS DEREITROS DO PERSOAL LABORAL DE POLITICA SOCIAL. O motivo de dita MANIFESTACIÓN é demandar da Consellería de Política Social, anteriormente de Traballo e Benestar, a defensa dos servizos sociais, contra os recortes en atención directa e contra as privatizacións. Denunciando as especiais condicións de traballo do persoal dos centros dependentes deste departamento da Xunta de Galicia. Negándose en todo momento o dereito de negociación e impoñendose carteleiras de traballo abusivas e machacadoras, sen posibilidade de conciliar a vida laboral e familiar.
Especialmente negativas para o persoal e os usuarios dos centros, son as condicións de traballo derivadas da anulación do artigo 19 do Convenio Único do persoal Laboral que ao estar suprimido pola Xunta, impide a compensación en descanso, do traballo en domingos e festivos. Manifestándonos así mesmo contra a política de non cobertura de persoal ausente por motivos xustificados como vacacións, IT, permisos, etc. A protesta é tamén contra a non reposición de material necesario para a calidade de vida dos usuarios: grúas, lavadoras, baños xeríatricos, etc., e o recorte e escaseza de medios como cueiros, material de enfermería, lencería, etc.

O acto rematou coas palabras dun traballador do CAPD da Coruña, que resumiu a grave situación na que todo o persoal esta a desempeñar o seu posto. xornadas extenuantes sen descansos apropiados, falta de medios e material, non cobertura de persoal de vacacións ou de baixa, falta de criterios organizativos e xestión arbitraria e de imposicións das direccións dos centros e falta de negociación e equilibrio nas carteleiras de 2016.
Ningún comentario:
Publicar un comentario