Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 4 de decembro de 2015

16 postos retirados do concurso de traslados de corpos xerais e outros temas pendentes Función Pública

No DOG de 4 decembro publicaron a resolución da retirada de 16 postos do concurso de corpos xerais das que ofertaron inicialmente coa convocoatoria no DOG 20 de maio. No anexo I da resolución de Función Pública veñen desglosado a listaxe dos postos, varios deles de niveis 18, 25 ou 26, e as razóns da retirada que se agrupan en tres:
  • Amortización: 10 postos nos Servizos Territoriais da Inspección de Servizos Sanitarios; 1 posto na AMTEGA; 1 posto na SX de Medios.
  • Execución de sentenzas: 2 nos Servizos Territoriais do FOGGA en Lugo e 1 na xefatura territorial da Coruña
  • Erro material: 1 nos servizos territoriais da ATRIGA en Ourense.

Accede á listaxe completa

A retirada dos postos que son por sentenza non hai que facerlle, a do erro material pois todo o mundo pode cometer erros e máis nestes concursos, que xa estamos acostumadas, por desgraza. Pero é que a excusa para a retirada dos postos por amortizacións é de traca. Ata cando o van estar facendo!? Porque de aquí a que resolvan poden pasar novas modificacións de rpt que aínda van pasar 4?, 5?, 6 meses? Porque isa é outra, non ofrecen datas de resolución. Viva a seguridade xurídica! Curioso tamén é o eufemismo que empregan de "circunstancias sobrevidas".

Outros temas pendentes:

Convocatorias de OPEs sen executar: o director xeral de Función Pública asegura que teñen un prazo de 3 anos para executalas pero que nestes momentos están traballando nun lote de varias convocatorias para enviar os borradores aos sindicatos. Que conste que se pasan dos 3 anos tampouco pasa nada, e iso lle recoñece o Contencioso, que poden acumular ou suspender por temas de "estabilidade orzamentaria" e pista, como xa fixeron. Iso si, non é quen de concretar as convocatorias concretas nas que están traballando, quitando a de persoal veterinario.

Novas instrucións de permisos, vacacións e licenzas: queren aprobala xa este mes e que entre en vigor o 1 de xaneiro de 2016.

Decreto de listas de substitución: volven insistir que non negociaran un decreto novo senón só aspectos puntuais.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario