Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 12 de febreiro de 2016

O respositorio legal do Aranzadi-Westlaw tamén está dispoñible para o persoal da Consellaría de Facenda

Tralas queixas recibidas por non ter un acceso directo a este repositorio legal, puxémonos en contacto coa Dirección do CIXTEC e conténstannos que si se pode acceder desde a Consellaría de Facenda pero hai hai que solicitalo persoalmente; ou sexa, que non é de acceso directo.

Agradecemos a cordial resposta do CIXTEC pero vémolo como unha solución transitoria e gustaríanos que se traballara por integrar todos os recursos transversais da Xunta en igualdade de acceso e condicións para todo o seu persoal.

Estimados Sres.

En relación co seu correo de data 5 de febreiro de 2016 no que expresan a súa inquedanza pola imposibilidade dun usuario a hora de acceder a base de datos xurídica de Aranzadi (Westlaw), informar que a base de datos xurídica Aranzadi (Westlaw) é accesible para calquera usuario da Consellería de Facenda que estea debidamente autorizado.

 Para acadar o acceso, é preciso o seguinte:
1)      Acceder a intranet de Facenda a través do enderezo http://intranet.conselleriadefacenda.es
2)      No apartado “EMPREGADO PÚBLICO” que está situado na xanela central-dereita da páxina premer na icona “SOLICITUDE DE ACCESO AOS SISTEMAS DE INFORMACIÓN”
3)      Unha vez que se accedeu a este apartado, hai que seleccionar a pestana “FORMULARIOS ESPECÍFICOS DA CONSELLERÍA DE FACENDA”
4)      A continuación seleccionar o formulario “SX020Q-SOLICITUDE DE XESTIÓN DE ACCESOS Á INTRANET” (ultima icona da terceira columna)
5)      O interesado deberá cumprimentar o formulario, e este deberá ser asinado convenientemente
6)      Unha vez cumprimentado o formulario deberá enviarse ó CIXTEC por calquera das seguintes vías:
-          Calquera dos seguintes correos electrónicos:
-          Correo ordinario

En calquera caso si o usuario ten algunha dúbida, pode poñerse en contacto co Centro de Atención a Usuarios do CIXTEC a través de calquera das seguintes vías:
Teléfono: 981 54 13 00
Correo electrónico: cau@cixtec.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario