venres, 5 de febreiro de 2016

Doazón de sangue en San Caetano

A vindeira semana, a de entroido, estará a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galiza en fronte da cafetaría de San Caetano. Se qeuredes doar, podedes acudir o luns, martes, mércores ou xoves en horario de 9:30h a 14:30h.

En Galicia precisamos cada día entre 400 e 500 doazóns de sangue para que moitos doentes podan recuperar a súa saúde e, mesmo salvar a vida. Cada día os hospitais galegos atenden unha media de 3.000 urxencias, realizan máis de 500 intervencións cirúrxicas e levan a cabo 3 transplantes de órganos e tecidos.

Recomendacións:

  • Non acudas sen almorzar
  • Non esquezas traer a tarxeta de doador, DNI ou documento similar
  • Se estás tomando ou tomou algún medicamento recentemente anote o nome nun papel ou leva o prospecto.
 Máis información na web (http://ctg.sergas.es) e no teléfono 881546900

Ningún comentario:

Publicar un comentario