Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 5 de febreiro de 2016

Zona verde de aparcamento en San Caetano dispoñible por "domicilio profesional"

O aparcamento para as traballadoras e traballadores públicos de San Caetano segue sendo un grave problema e iso a pesar da implantación da flexibilidade horaria. Resulta máis que evidente que as prazas contratadas pola Xunta no aparcadoiro da estación de autobuses son máis que insuficientes e iso implica unha sobreocupación de todas as prazas da veciñanza.

Tras varias xestións da Xunta de Persoal conseguiuse que abiran ao aparcamento unha franxa fronte a Consellaría de Facenda que levaba moitos anos pechada, o que liberou unhas 40 prazas. Porén, seguen sen abrir a totalidade en base á "alerta xigadista nivel IV". Chegou a proporse a reserva do frontal de San Caetano como zona de aparcamento exclusiva para persoal da Xunta, canto menos no horario de máxima afluencia entre 7:30 e 15:30h pero sen éxito.

A conversión de varias zonas da veciñanza en zonas verdes pode parecer que emperou a cousa pero abre unha nova prosibilidade que non todo o mundo coñece: a tarxeta de residente por "domicilio profesional". Preguntando no concello, esto é aplicable, por suposto, tamén para o persoal das Administración públicas. 

Aquí tedes toda a información sacada da páxina do Concello de Santiago:
Calquera dúbida podédela solucionar no teléfono 981.543.128 ou no seguinte formulario electrónico, así como presencialmente na Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario