venres, 12 de febreiro de 2016

Sr director xeral da Función Pública: non se burle do persoal que prepara a promoción interna

Esta semana ía saír no DOG a resolución da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas nos procesos de promoción interna de copos xerais de persoal funcionario... e de novo, non saiu. A pouca transparencia e imprevisión nestes procesos xa é VERGONZOSO (con maiúsculas). 

Temos que recordarlle ao sr. director xral que veñen de acumular 3 ofertas de emprego público (2009, 2011 e 2012), que da oferta de emprego público de 2009 si convocaron e resolveron as oposicións que había pola quenda libre (non era pois un problema orzamentario), que desde entón hai moita xente preparando estas únicas, escasas e cambiates probas para promociónar profesionalmente, con máis ou menos, ou mesmo ningunha, interupción. Non sobran os cartos, non sobra o tempo. O que lle están facendo ao persoal funcionario coa promoción interna non ten nome, ou mire, máis ben si, chámase BURLA.


Levamos desde que convocaron as prazas de acceso libre de 2009 sen convocar a promoción interna denunciando este atraso, comparando coa Administración Xeral do Estado, logo denunciando uns borradores (e finalmente convcoatorias) distintas ás últimas, que non permiten apreciar con obxectividade e transparencia "os mellores" que busca Feijóo. Que queren facer? Unha promoción "eterna"? unha "putada" interna?. Este proceso xa durou demasiado e aínda non se saben as datas dos primeiros exames.

Agora fala na OPE 2016 de novas prazas, cando aínda están sen convocar a do 2015, pero claro, é que aínda teñen sen resolver as de 2009 porque convocaron no 2015, cando as persoas que aprobaron por libre levan desde 2012 (C2), 2013 (A1) e 2014 (A2) traballando. Non é iso un agravio comparativo a nivel profesional!?

Agora fala na OPE 2016 de duplicar a oferta de prazas de persoal laboral (pero só se se acorda para a quenda de promoción interna e non se acumulan ás de libre) Tal e como está o convenio, o 50% das prazas son para promoción interna pero as que non se cubran por esta quenda se acumulan a libre. E pensa facer o mesmo que coas de persoal funcionario? Cando se van convocar todas esas prazas? O da promoción interna na Xunta para corpos xerais de persoal funcionario está mal, moi mal pero para o resto é unha quimera.

Ningún comentario:

Publicar un comentario